COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, transmitiulle hoxe ao presidente en funcións da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, a súa intención de manter un diálogo constante e fluído coa patronal, ao igual que o fixo onte cos representantes sindicais.
Mato incidiu na mensaxe trasladada onte aos secretarios sindicais de que nos atopamos nun momento no que son necesarios “grandes acordos” que permitan paliar a situación económica actual e por en marcha “o antes posible” distintas medidas encamiñadas á creación de emprego.
Así mesmo, a titular de Traballo amosoulle ao presidente dos empresarios galegos a súa preocupación polo número de Expedientes de Regulación de Emprego, ante os que a Consellería se mostrará “moi rigurosa” co cumprimento dos requisitos para que sexan admitidos a trámite ao tempo que tentará axilizar os trámites nos casos nos que o ERE “sexa a única vía posible.”
Tras unha breve reunión en privado, Mato presentoulle a Fontenla ao seu equipo directivo co que “terá que traballar moito” nos próximos meses.
A conselleira rematou así os primeiros contactos cos representantes de patronal e sindicatos, tras reunirse onte de xeito bilateral cos secretarios xerais das tres forzas sindicais maioritarias, Xosé Manuel Sánchez, CCOO; Suso Seixo, CIG e José Antonio Gómez, UGT.
Para a próxima semana ten fixada a reunión co presidente da Federación de Profesionais Autónomos (CAP), José Conde, e co presidente da Federación de Autónomos de Galicia, Paulino Franco.