VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe que o seu Goberno cumprirá coas promesas electorais de aplicar rebaixas fiscais, garantir a gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos e defender un bilingüismo harmónico. “Ímolo facer. É un compromiso electoral e imos cumprilo. Todo o que sexa coidar ás familias e favorecer a conciliación da vida laboral coa familiar é unha prioridade para o Goberno”, salientou Feijóo.
Nunha entrevista concedida a Antena 3, o presidente galego adiantou que os exames das oposicións poderán realizarse tamén en castelán, a excepción do de galego. “Os opositores poderán facer o exame en galego ou en castelán e poderán elixir, se é tipo test, que as preguntas sexan en galego ou en castelán”, asegurou. “En Galicia temos dous idiomas; o castelán é oficial en todo o Estado e o galego é oficial tamén en Galicia. As dúas son linguas de España, e as dúas en Galicia falámolas con amabilidade e cordialidade, e é ese bilingüismo amable e cordial e o que imos tentar aplicar”, remarcou.
Unha primeira redución fiscal nos 100 primeiros días
Sobre os compromisos electorais en materia fiscal, o titular da Xunta remarcou que, tal e como xa comprometeu no Consello da Xunta celebrado o pasado xoves, dentro dos 100 primeiros días se aprobará unha lei para reducir o 50% do imposto de transmisións patrimoniais e de actos xurídicos documentados, en beneficio das familias numerosas e dos mozos de menos de 35 anos que adquiran unha vivenda.
“Levamos tres propostas de rebaixas fiscais” no programa electoral, aseverou Feijóo, indicando que a primeira se vai acometer nos 100 primeiros días de Goberno e que e as dúas últimas -rebaixar o imposto da renda a 600.000 galegos que cobran menos de 18.000 euros ao ano e eliminar o imposto de sucesións e doazóns- se fará ao longo da lexislatura, “unha vez que coñezamos o contido e alcance do novo financiamento que está precisamente neste momento negociándose entre o Goberno e as comunidades autónomas”, engadiu.
“Se reducimos impostos recadaremos máis, se facilitamos ás rendas baixas menos impostos, poderán consumir máis e vivir mellor. Trátase de rebaixar impostos selectivamente ás rendas baixas, ás pequenas e medianas empresas, axudar aos autónomos, en definitiva, outorgar confianza ao mercado, ás empresas e aos cidadáns para tirar todos xuntos e saír da situación actual”, remarcou.
Incidencia da gripe porcina
Preguntado pola incidencia da gripe porcina na comunidade galega, o presidente da Xunta explicou que están activados “todos os protocolos” necesarios neste tipo de situacións e que a Xunta está en todo momento en contacto co Ministerio de Sanidade e Política Social. “Todas as comunidades autónomas están cumprindo os protocolos que veñen do Ministerio e, á súa vez, -incidiu-, o Ministerio os que veñen da Organización Mundial da Saúde”.
Alberto Núñez Feijóo insistiu en que se vai “extremar a información, non crear alarma, pero si estar cautelosos con toda a información que vaiamos tendo para darlla aos centros de saúde, aos hospitais e por suposto, tamén manter informada á poboación”. “Polo tanto –sinalou-, información máxima e tamén tranquilidade á poboación porque as cousas están en boas mans; no Ministerio e nas comunidades autónomas creo que se están facendo ben as cousas”, concluíu.