VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O Grupo Popular de Galicia ven de solicitar a comparecencia parlamentaria da directora xeral de Saúde Pública e Planificación para que explique na Cámara o dispositivo habilitado pola Administración sanitaria autonómica logo da aparición de casos de gripe porcina en humanos.
Manuel Ruiz Rivas, portavoz parlamentario do PPdeG, aplaude a política de “transparencia total” impulsada pola conselleira de Sanidade en relación con esta situación e considera que o mellor xeito de transmitir confianza e tranquilidade á sociedade galega pasa por ofrecer ás familias toda a información dispoñible, sen alarmismos, pero sen ocultar elemento algún.
Por iso, os populares galegos estiman que a comparecencia da directora xeral de Saúde Pública no Parlamento pode contribuír a xerar o clima de confianza e tranquilidade que, á vista dos datos, debe rodear este tipo de episodios.