VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, manifestou hoxe que “vemos con bos ollos a modificación no trazado da liña ferroviaria Lubián-Ourense” anunciada polo Ministerio de Fomento pero, advertiu, “debe ir acompañada dun calendario de execución detallado e fiábel, e das partidas orzamentarias que o fagan posíbel para evitar que fique indefinido o seu horizonte de conclusión”.
Esta é a avaliación que o deputado do BNG realizaba tras coñecer que Fomento vai cambiar o trazado da conexión Lubián-Ourense, no tramo que vai de Porto a Lubián.
Para o parlamentar nacionalista “é unha medida positiva xa que rectifica o deseño ferroviario realizado polo ex Ministro do ramo do PP, Francisco Álvarez Cascos, e permite axustar o proxecto ás características dun AVE, de xeito que o tren poderá entrar na Galiza á velocidades cercanas a 300 quilómetros por hora coa conseguinte mellora dos tempos de viaxe. ”.
Jorquera subliña que esta rectificación permitirá aproveitar a liña antiga para outros usos ferroviarios, y en particular para a circulación de trens de mercadorías, o que “servirá para potenciar e impulsar este tipo de transporte que redundará en beneficio de moitas empresas”.
Ademáis, puntualiza o deputado do BNG, “o feito de separar a liña do AVE da liña convencional supón un alivio xa que outro dos problemas era que na realización das obras supuña cortar liña, e desviarnos por unha ruta moito máis longa durante o tempo requerido”.
Ten que ter horizonte temporal despexado e partidas económicas reais
Iso si, o parlamentar nacionalista insistiu na necesidade de que “fique despexado o horizonte temporal do proxecto de remate da conexión de AVE con Galiza”, e desde logo, debe “contar coas partidas económicas que o convirtan nunha realidade”. Neste sentido, Jorquera pón de manifesto que “esta será unha das cuestión que o BNG porá enriba da mesa cando José Blanco acuda a comparecer ao Congreso”.
É preciso lembrar que o BNG solicitou a comparecencia do Ministro de Fomento o pasado 17 de abril para que informe sobre as infraestructuras galegas.