VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A demanda xudicial presentada polos responsables do Sistema Integrado de Xestión e Recollida de Envases (SIGRE) contra Sogama e Danigal por ter enterrado restos de medicamentos no vertedoiro da Areosa de xeito ilegal constitúe, en opinión do PPdeG, unha evidencia máis da “herdanza envelanada” que Manuel Vázquez deixa tras de sí na Consellería de Medio Ambiente.
Manuel Ruiz Rivas, portavoz parlamentario do PPdeG, recorda que Manuel Vázquez, a pesar de ter xestionado as competencias de Medio Ambiente, será recordado como o responsable dos principais episodios de contaminación fluvial que se teñen producido en Galicia, desde o incendio de Brentagg (incapaz de xestionar o desastre ambiental posterior), a contaminación do río Eume ou os vertidos tóxicos continuados efectuados desde o vertedoiro de Sogama situado na Areosa, entre outros sucesos deste tipo.
O Grupo Parlamentario Popular recorda que a demanda presentada por SIGRE contra Sogama se suma ao regueiro de imputados que Manuel Vázquez deixa tras de sí a raíz da investigación xudicial aberta como consecuencia da comisión dun delicto continuado contra o Medio Ambiente polos vertidos da Areosa. Os vertidos tóxicos ao río Lengüelle foron efectuados durante un durante un longo período de tempo por Sogama co consentemento expreso da Consellería de Medio Ambiente, que daquela dirixía Manuel Vázquez.