PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .- O BNG de Ponteareas, diante da situación actual de masificación dos centros de ensino; cun incremento dun 20% da poboación infantil, instalacións deterioradas que precisan investimentos urxentes e a falla de previsión do goberno municipal do Partido Popular, tomou a iniciativa de levar ao pleno do vindeiro xoves, unha proposición para que a Corporación municipal, demande da Consellaría de Eduación, a construción urxente dun novo Centro de Primaria, con todas as dotacións.
Bolívar González, portavoz municipal do BNG, lamentou a falla de previsión do goberno municipal do Partido Popular, “nin tan siquera foi capaz de realizar un informe sobre a situación actual do ensino en Ponteareas, as necesidades de equipamentos educativos, etc., nas que fundamentar as demandas para resolver a masificación nos centros de Primaria”. “É urxente que a Consellaría e o Concello se poñan a traballar neste novo equipamento educativo”, insistiu o portavoz do BNG.
Os nacionalistas tamén prantexan os problemas que existen a curto prazo, a masificación e o deterioro das instalacións dos centros “Bouza Brey” e “Virxe dos Remedios”, «Son problemas que hai que solucionar para o curso que vén», dice Bolívar González, «Concello e Consellaría teñen que buscalo consenso coa comunidade escolar», manifestou González.
Os nacionalistas recordaron que, nos últimos 4 anos, a Xunta de Galiza ten realizado importantes investimentos educativos en Ponteareas como a construcción do novo IES ou novas aulas de educación infantil, máis o incremento de poboación e a situación dos centros, algún deles con máis de 40 anos, fai necesario incrementar este esforzo inversor para contar con instalacións dignas que permitan ofrecer un ensino de calidade.
Apoio a Escola de San Mateo
Outro dos conflictos educativos, que ten movilizado nas últimas semanas aos veciños/as, neste caso da parroquia de San Mateo de Oliveira, é o intento da Consellaría de Educación de pechar a escola unitaria desta parroquia, que atende aos nenos de 3 a 5 anos. Os nacionalistas esperan que a moción sexa aprobada pola totalidade da Corporación, demandando a continuidade da escola, como así o solicitan máis de 500 veciños. “Non ten sentido pechar unha escola cando os demais centros están saturados e cos veciños reclamando a sua continuidade”, declarou o Portavoz do BNG