MADRID(MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, transmitiulle hoxe a Don Juan Carlos o afecto e lealdade do pobo galego e pediulle a súa colaboración de cara a celebración do Ano Santo 2010.
- Ao termo do encontro no Palacio da Zarzuela con Don Juan Carlos, Feijóo asegurou que a Súa Maxestade amosou a súa dispoñibilidade para estar presente nos actos do vindeiro Xacobeo despois de que o presidente galego lle demandara o seu apoio para esta cita.
Ademais, Feijóo tamén lle transmitiu a Don Juan Carlos a admiración dos galegos á Coroa, e especialmente a Súa Maxestade. “Os galegos apreciamos o papel da Coroa como símbolo da unidade de todos os españois. Esa España unida, diversa e solidaria coa que coincidimos”, destacou Feijóo.
Nas súas declaracións, o máximo mandatario galego dixo que visitou ao Rei como “un galego que gañou as pasadas eleccións nun exercicio de normalidade democrática que supuxo a alternancia de goberno”.
Finalmente, destacou a cultura de tolerancia que os galegos teñen demostrado por todo o mundo e garantizou que este carácter aberto e de respecto será a principal fonte de inspiración do seu Goberno.