VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, recibiu no Pazo Provincial ó alcalde de Vila de Cruces, Luís Otero, quen solicitou a colaboración da institución provincial para levar adiante diversos proxectos no municipio.
- En primeiro lugar solicitou a colaboración da Deputación para dotar á mancomunidade do Deza dun camión e dunha góndola. O presidente comprometeuse a colaborar economicamente na adquisición destas novas dotacións financiadas ó 50%. Así, a institución provincial destinará a este fin un orzamento de entre 70.000 e 80.000 euros.
Por outra banda, Otero solicitoulle á institución provincial a construción dun muro e na ampliación da estrada que vai dende Prado a Camanzo xa que neste punto o Concello pretende realizar unha Área Recreativa.
No eido cultural Otero prantexoulle a Louzán a necesidade dunha achega económica para un viaxe que vai a realizar a Banda de Música de Merza a un Certame de Bandas que se vai a celebrar en Carcade. Segundo informou o alcalde de Vila de Cruces, neste certame tamén vai a participar a Banda de Música de Lalín.
Finalmente, o alcalde de Vila de Cruces anunciou que o Concello está a organizar para o mes de maio de 2010 un homenaxe ó primeiro automóbil arxentino construído por Manuel Iglesias, un galego natural de Vila de Cruces, da parroquia de Carbia.
Con motivo desta celebración, Luís Otero pretende trasladar este vehículo, que en Arxentina é un monumento nacional, a Vila de cruces e posteriormente á Deputación onde tamén permanecería uns días. A intención do alcalde é que a institución provincial participe dalgún xeito neste evento.