VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O PRESIDENTE DA XUNTA DESTACA QUE AS NOVAS DELEGACIÓNS TERRITORIAIS SUPORÁN UN AFORRO DE 15 MILLÓNS DE EUROS NO TOTAL DA LEXISLATURA - Diego Calvo será o delegado na Coruña, Raquel Arias, en Lugo, Rogelio Martínez, en Ourense, José Manuel Cores Tourís, en Pontevedra, e Lucía Morales, en Vigo
Salienta que a nova estrutura supón o cumprimento de catro promesas electorais: austeridade, igualdade de oportunidades entre os cidadáns de Galicia, desenvolvemento das áreas metropolitanas e potenciación da labor dos empregados públicos
Explica que o Goberno galego “retoma o consenso” ao incluír na delegación de Vigo aos 14 municipios que se prevé que se integren na futura área metropolitana da cidade
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta mañá que a nova estrutura periférica do Goberno galego, na que se pasa de 52 delegacións provinciais a 5 territoriais, suporá un aforro de máis 15 millóns de euros no total da lexislatura. O máximo mandatario galego salientou que, segundo o decreto aprobado esta mañá polo Consello da Xunta, estas novas delegacións territoriais situaranse na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, terán o rango de dirección xeral e dependerán organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
“Os cinco delegados foron nomeados tamén hoxe polo Consello da Xunta, para que poidan empezar xa a traballar”, afirmou Feijóo, quen destacou a idoneidade de Diego Calvo, o delegado da Coruña, Raquel Arias, de Lugo, Rogelio Martínez, de Ourense, José Manuel Cores Tourís, de Pontevedra, e Lucía Morales, de Vigo, para ocupar os seus novos cargos. “Todos, a excepción de Diego Calvo que vén do Parlamento, proveñen da Administración local, e todos foron alcaldes de concellos pequenos polo que coñecen a realidade do interior de Galicia”, asegurou. “No caso de Lucía Morales, coñece perfectamente a realidade de Vigo”, engadiu.
Catro compromisos electorais
No transcurso da súa intervención a saída da reunión do Consello da Xunta, o presidente galego asegurou que a aprobación deste decreto se enmarca dentro do obxectivo do seu Executivo de “adelgazar” a Administración aumentando a súa eficacia, e subliñou que o decreto cumpre con catro compromisos electorais: austeridade, desenvolvemento das áreas metropolitanas dentro do consenso, igualdade de oportunidades para toda Galicia, e outorgamento de maior relevancia aos empregados públicos.
“Seguimos insistindo en que a austeridade, en momentos de especial crise económica, debe ser un criterio a seguir polo Goberno”, asegurou Feijóo, quen afirmou que este compromiso se reflicte no aforro de case 4 millóns de euros ao ano pola aplicación da nova estrutura. O máximo mandatario galego destacou, por outra banda, que a delegación da Xunta en Vigo inclúe os 14 municipios que se prevé que se integren na futura área metropolitana da cidade, unha organización consensuada no seu momento polas distintas administracións e partidos políticos. “Asumimos o consenso da área metropolitana de Vigo, o inicial, retomamos o consenso acadado hai uns anos por todos os partidos políticos”, remarcou.
No que se refire ao compromiso coa igualdade de oportunidade dos galegos, o presidente destacou que hai “unha Galicia única, un territorio único” e que o obxectivo da súa Administración e chegar “a todos os seus recunchos”. “Son delegados territoriais da Xunta de Galicia, porque Galicia é un único territorio”, afirmou.
Feijóo asegurou, tamén, que a nova estrutura da Administración periférica da Xunta reflicte a aposta polos empregados públicos xa que “os que estean ao fronte dos departamentos de cada consellería no ámbito provincial, das extintas delegacións provinciais, serán obrigatoriamente funcionarios públicos”. “Confiamos outra vez nos empregados públicos como palanca de cambio e de austeridade”, destacou.
No transcurso da súa intervención, o presidente galego destacou a aprobación doutro decreto destinado a “adelgazar” a Administración galega, neste caso a hidráulica e explicou que, segundo esta nova norma, desaparece a dirección xeral de Augas de Galicia que pasa a integrarse dentro da presidencia deste organismo. “Tomamos esta decisión porque entendemos que, ao compromiso de austeridade, debe ir unido o de eficacia e eficiencia na toma de decisións”, salientou.
Nova gripe e Día Internacional do Traballo
O presidente da Xunta destacou, ademais, o informe presentado pola conselleira de Sanidade sobre a presenza da nova gripe en Galicia e puntualizou que estamos ante unha situación “de alerta, pero non de alarma”. Neste sentido, Feijóo asegurou que a Comunidade rexistra na actualidade dous casos aínda sen confirmar e valorou a coordinación entre o Ministerio de Sanidade e Política Social, a Consellería e o Servizo Galego de Saúde. Neste sentido, explicou que a conselleira está en permanente contacto cos responsables da Consellería de Educación –por se algún grupo de estudantes ten feito algún viaxe as zonas máis afectadas nas últimas semanas, algo do que aínda non se teñen noticias-, e con Medio Rural para coñecer a situación do sector gandeiro, especialmente do porcino, ao que lle transmitiu todo o seu apoio. Feijóo explicou, por último, que o Goberno está en comunicación cos alcaldes dos concellos con máis veciños emigrados a México e que a situación é de “tranquilidade”.
O titular da Xunta referiuse, por último, á Declaración Institucional da Xunta de Galicia con motivo da celebración do Primeiro de Maio. “Máis que nunca o Goberno quere declarar o seu apoio aos dereitos dos traballadores, mostrar de forma clara e nidia o seu apoio”, manifestou Feijóo, quen destacou que o seu Executivo non escatimará esforzos para facer “real e efectivo o dereito constitucional ao traballo”. “Reiteramos o noso compromiso cunha política social e económica que busque xerar máis emprego, máis emprego de calidade, digno, e un mercado laboral dinámico que posibilite o desenvolvemento da nosa economía. Por iso queremos coas ilusións renovadas poñernos a disposición das organizacións sindicais e empresariais para buscar todos xuntos a forma de ir paliando o desemprego masivo que está afectando a un cuarto de millón de galegos e galegas”, concluíu.