A pasada noite nas proximidades dos colexios de Reibon e Seara tamén foron sustraidas 7 tapas dos sumidoiros e varias das reixas de pluviais.
"Queremos destacar a situación de perigo que se produce ata que dende o Concello se procede a sinalización e reposición das tapas do sumidoiro e as reixas para os vehículos e peóns, así como o quebranto económico que isto representa para o concello, agravado polo feito de que muitas das reixas teñen que ser feitas a medida.
Solicitamos a colaboración veciñal para poñer fin a estes roubos, pedíndolle a calquera veciño que observe unha situación sospeitosa e que poida relacionarse co roubo das tapas de sumidoiros e reixas, que contacte coa Policía Local ou coa Garda Civil", dixo Víctor Pastoriza a MORRAZO-tribuna.
Na foto, unha das zonas onde levaron a cabo robos os incivís : na curva da Cerradiña, en Domaio.