VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Co inicio das obras da instalación do alumeado Pombal-Couso votou a andar o plan Zapatero en Moaña.
Con anterioridade leváronse a cabo diversos traballos de medicións noutras 2 obras incluidas no plan (Humanización do Real e acondicionamento de aparcamentos e Beirarruas), pero non foi ata esta fin de semana que deron comezo efectivo os traballos das 13 obras incluidas no plan ZP.
Durante todo o día de venres, gran número de operarios desplegaronse o largo da estrada provincial de Meira a Fraga, para repoñer o vello alumeado dende o campo do Cura ata o desguace. Dende este lugar ata a rotonda de acceso o corredor, onde se instalará unha gran torreta central a obra inclúe a instalación dos correspondentes postes.
Idéntica actuación se levará a cabo (instalación de postes e baculos), nun tramo de 1 Km dende o desguace ata a curva da morte, na estrada provincial de Verducedo.
A esta obra seguira de forma inmediata a da instalación do alumeado entre a curva da Cerradiña e o acceso o Corredor na Devesa en Domaio, que tamén inclue a instalación do alumeado publico no tramo de 1 Km no lugar das roteas entre a PO551 e a estrada provincial San Benito-Linares que non conta con ningún punto de alumeado público.
A última das obras de alumeado público (tamen a última en licitarse) será a mellora en todo o tramo da PO313 comprendido entre o Portal do Almacen e Broullon, que inclúe a instalación de bo número de postes e que aportará maís seguridade os accesos dende a PO313 o corredor no muiño do inferno.
O orzamento das 3 obras é de 300.000 € (ive engadido).