COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, avogou por non confundir desregulación con desburocratización no que se refire aos procesos de tramitación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE).
- Segundo remarcou a conselleira de Traballo e Benestar, o Goberno da Xunta non pretende desregularizar os Expedientes de Regulación de Emprego senón que, pola contra, defende que a Administración, ao igual que a Inspección de Traballo, debe estar presente neste proceso de tramitación, velando por que non se vulneren os dereitos dos traballadores.
“Un expediente ben tramitado redunda nun beneficio de empresarios e traballadores e garante o cobro dos subsidios”, reiterou Beatriz Mato.
A xuízo da conselleira, uns poucos empresarios aproveitan a crise para presentar Expedientes de Regulación de Emprego con outra finalidade e, polo tanto, o papel da Xunta debe ser o de vixiar que se dean as condicións óptimas para a correcta aprobación destes expedientes e que veñan derivados de problemas na produción das empresas que deciden acollerse a eles.
Consciente de que en época de crise a sensibilidade de empresarios e sindicatos “está a flor de pel” e de que o tempo que transcorre mentres se resolven os ERES “é un martirio para ambas as dúas partes”, Mato lembrou que o papel da Consellería é “facilitar que se reduza a burocracia e os prazos para reducir así ese martirio”.