VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán e o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo no Pazo Provincial.
- O reitor manifestoulle a Louzán o interese da Universidade de reforzar o título de Deseño téxtil e Moda. “Aspiramos a que sexa un título oficial de grado no Campus de Pontevedra”, afirmou Gago.
- O presidente da Deputación manifestou tamén o seu interese de que esta titulación pase a ser unha titulación perfectamente regrada. Con este fin, anunciaron que a vindeira semana terá lugar unha xuntanza do Padroado na que se fixará un calendario para traballar neste senso.
Transferencia de Enfermería
Rafael Louzán puxo sobre a mesa a transferencia da Escola de Enfermería á Universidade. Este centro depende actualmente da Deputación a pesar de que esta institución non ten competecias en Educación e Sanidade.
“Non ten ningunha lóxica que a xestión deste centro dependa da Deputación” aseverou Louzán. O presidente considera que estas titulacións deben estar reguladas polas consellerías de Educación e Sanidade “que deben ser as que artellen a política a seguir na xestión deste centro” e neste senso comentou a súa intención de traballar neste senso co novo Goberno Autonómico.
Alberto Gago comentou sobre este asunto a necesidade que “exista un acordo canto antes entre as consellerías de Educación e Sanidade para que os catro títulos de enfermería adscritos á Universidade de Vigo se integren con normalidade na mesma”.
Por outra banda, Louzán e Gago trataron a posible oferta de títulos no ámbito da Enoloxía. “Á Universidade de Vigo lle interesa este asunto porque existe unha evidente fortaleza deste sector agroalimentario no noso ámbito de influencia”, afirmou o reitor.
O titular da Deputación informou de que se trata dun asunto moi demandado por institucións e alcaldes e considerou que “o Campus de Pontevedra debe contar no seu novo mapa de titulacións un ciclo académico sobre Enoloxía que reforce a un sector destacado das Rías Baixas”.
Rafael Louzán prestará o seu apoio para que Pontevedra lidere esta iniciativa que permita que “alumnos que algún día serán empresarios teñan os coñecementos necesarios nesta materia que tantos recursos económicos aporta á provincia”.
Na xuntanza mantida hoxe, Alberto Gago demandou unha vía global de colaboración institucional sistemática coa Deputación. “A Universidade non precisa da Deputación para financiarse”, afirmou o reitor “pero si debe colaborar con todas as institucións que forman parte da súa área de influencia”.