VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ordenou a realización dunha auditoría medioambiental a Sogama para coñecer a situación da planta. Esta decisión ten como obxectivo que a actual Consellería dispoña dunha diagnose real para a toma de decisións.
Por outra banda, e ante a gravidade das diferentes denuncias e procesos abertos en relación co complexo, o conselleiro considera necesario a elaboración dun documento técnico que permita coñecer o verdadeiro alcance desas posibles irregularidades e, no caso de que se comproben, tomar as medidas correctoras necesarias.
A auditoría encargarase a unha empresa externa, que desenvolverá o seu traballo en varias fases. Por unha banda identificaranse e avaliaranse os diversos aspectos ambientais plantexados para, seguidamente, abordar aspectos legais e administrativos. Tamén se estudará a adecuación á normativa vixente, tomando como referencia as normas ISO.
O obxectivo da Consellería é dispoñer do dictame da auditoría nun prazo de tres meses.