25 abril 2009

Antón LOURO : Galicia pierde un gran político aunque gane un buen Delegado del Gobierno


MADRID (MORRAZO-tribuna) .- Tal e como avanzou no seu día, MORRAZO-tribuna, o deputado socialista no Congreso e concelleiro no consistorio de Pontevedra, Antón Louro, foi nomeado esta fin de semana novo Delegado do Goberno en Galicia polo Consello de Ministros. Louro substitúe no cargo a Manuel Ameijeiras, que pasa a desempeñar a dirección xeral de Aviación Civil, encuadradada no ministerio de Fomento.

Antón Louro naceu o 15 de marzo de 1952 en Carnota (A Coruña), é Licenciado en Ciencias Químicas e profesor. No Congreso presidía a comisión de Fomento. Tamén exercía como secretario de Relacións Institucionais e Cultura dos socialistas galegos.
Con anterioridade, desempeñou os cargos de secretario de Agricultura da Comisión Executiva Nacional Galega do PSDEG, onde tamén foi secretario de Organización e Acción Electoral; subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia; presidente do Ateneo de Pontevedra; concelleiro do Concello de Pontevedra; e deputado no Parlamento de Galicia ata 2004.