30 abril 2009

MOS : Nídia y los concejales que la apoyan piden la "baja cautelar" en el Partido Popular"

Ós medios de comunicación: Como sabedes os que pertencedes ó sector da información, ata que se produciu o cambio de goberno, Mos vivía unha situación de crise política na que os máximos perxudicados eran os propios veciños. Tamén sodes coñecedores, estimados xornalistas, de que para poñer fin a estas situacións de desgoberno están previstos –a nivel local, autonómico, estatal e comunitario- mecanismos legais como a moción de censura.

Cando decidimos utilizar o mecanismo –lexítimo e legal- da moción de censura, o grupo municipal do PP era consciente da utilización política que o PSOE ía facer da mesma, como así ocorreu. Tamén sabiamos que non ía realizar a máis mínima autocrítica, cando só o PSOE é o único responsable do contido dos acordos de goberno que asina con outras forzas e da situación de desgoberno que padecían os veciños de Mos.

Dende hai moitos anos, compartimos –e seguramente seguiremos compartindo- o ideario e o proxecto do PP e, así mesmo, tamén somos conscientes de que o PSOE, ante a ausencia de liderazgo e propostas, tentará seguir utilizando a aprobación da moción de censura en Mos como un medio de desgaste e de confrontación política. Polo tanto, antepoñendo os intereses do Partido sobre os nosos propios, comunicámosvos que solicitaremos a baixa cautelar na nosa condición de afiliados/as do Partido Popular.

Recibide un cordial saúdo,

En Mos, a 30 de abril de 2009



Nidia Mª Arévalo Gómez Ana Mª Rodríguez Cabaleiro



Sandra Temes Arnosi Alberto Méndez Lago



Julia Loureiro Campo J. Mª Pereira Eiró



Luis Alonso Seijo Ángel Pereira Carrera