VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A portavoz do BNG en materia de Educación, Carme Adán, vén de rexistrar unha pergunta para a súa resposta escrita sobre a necesidade de implantar na Escola de Empresariais de Vigo un grao de Comercio, en cumprimento da promesa electoral do Partido Popular.
A deputada nacionalista indica no texto da iniciativa que a Xunta da Escola xa ten solicitado a transformación da actual diplomatura de Ciencias Empresariais nun grao adaptado á normativa do Espazo Europeo de Educación Superior. Malia isto, a día de hoxe, éste é “o único centro da Universidade de Vigo que queda sen ningunha titulación na primeira fase de adaptación de títulos”.
Adán lembra que, dacordo coas liñas xerais para a implantación dos Estudos de grao e posgrao no Sistema Universitario de Galiza “é necesario configurar unha oferta dinámica “. A primeira fase deste proceso contemplará exclusivamente a adaptación da oferta actual no SUG ás directrices fixadas no novo marco lexislativo e, segundo as previsións do Ministerio, esta fase iniciouse en 2008 e rematará en 2010, data en que as titulacións actuais estarían xa en pleno proceso de conversión.
A portavoz de Educación quer saber que previsión existe para que a Escola de Empresariais de Vigo conte con ese grao de Comercio, anunciado polo PP e, en caso de non se materializar esta promesa asi, “cal é o futuro que prevé a Consellaría de Educación para o centro”.