COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, considera que non teñen sentido as críticas do ministro de Fomento José Blanco, sobre o retraso do AVE despois de cinco anos de Goberno socialista. Agustín Hernández cualifica de inadmisible que o ministro de Fomento faga responsable deste retraso ao anterior Executivo, gobernado polo PP, que leva 60 meses sen facultades executivas, cando o actual Goberno do que forma parte o ministro leva cinco anos exercendo as súas funcións.
En declaracións aos xornalistas, logo de asistir á toma de posesión dos altos cargos da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o conselleiro de Medio Ambiente indicou que para modificar o traxecto dalgúns dos treitos do AVE entre Galicia e a Meseta tería bastado entre un ano e un ano e medio, e non os 5 anos que leva no poder o actual Executivo.
Agustín Hernández advertiu, ademais, que espera que os prazos que está a manexar o ministro José Blanco sexan realistas e que o Ministerio de Fomento faga todo o posible para que se acelere o proxecto da alta velocidade a Galicia porque, asegurou, a nosa comunidade non pode esperar eternamente a que esta infraestrutura se faga realidade.
O conselleiro de Medio Ambiente insistiu en que o AVE á Meseta é un proxecto estratéxico ligado ao desenvolvemento de Galicia que require do máximo compromiso do Goberno central que, ata o de agora, e a tenor do dito por José Blanco, segundo Agustín Hernández, non ten existido.
O conselleiro de Medio Ambiente incidiu na necesidade de que se acabe, canto antes, co retraso no tren de alta velocidade e por iso lle solicitou ao ministro de Fomento que se liciten conxuntamente os proxectos e as obras dos treitos do AVE entre a Meseta e Galicia afectados polo cambio de trazado.