VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, chamou hoxe ao novo secretario xeral socialista, Manuel Vázquez, para felicitalo polo resultado do Congreso do seu partido. Así, o presidente da Xunta, espera que este Congreso sirva para que os socialistas resolvan a súa crise interna e lles permita traballar por Galicia con todos os seus recursos. É curioso : Feijoo chama ao mesmo que no seu discurso nada mais sair elexido atacou ao flamante presidente da Xunta.
Feijóo instou ao novo secretario socialista a traballar por unha Galicia máis unida e sinalou que tanto Goberno como oposición deberán traballar como un único equipo, o galego, para afrontar a dureza da crise e asuntos cruciais como é o do financiamento autonómico.
No referido ao financiamento autonómico, o presidente da Xunta, considera que, pese a que o seu Goberno está lexitimado por unha ampla maioría, resultará moito mellor para Galicia que haxa un acordo de país entre todas as forzas políticas para afrontar a negociación autonómica con máis respaldo e, polo tanto, con máis forza.
Para Feijóo, as forzas políticas galegas deben pensar e actuar en clave de país e con sentido de Estado, e non por conveniencias dun Goberno ou dun partido, polo que lle recordou ao novo secretario socialista que é a súa intención reunir a todos os partidos nas próximas datas para chegar a un acordo.
Así mesmo, o presidente da Xunta pon de relevo o papel xogado por Emilio Pérez Touriño dentro do socialismo galego nos últimos anos e transmítelle todo o seu respecto e o recoñecemento o seu labor.