VIGO/PONTEVEDRA (Lucía Costas | Diario da Universidade de Vigo)
“Un foro de intercambio entre os investigadores e os estudantes das ciencias mariñas” foi como definiu Jesús Souza Troncoso, decano da Facultade de Ciencias do Mar, o II Simposio Internacional de Ciencias do Mar que se inaugurou esta mañá no Centro Social Caixanova. Durante toda a semana mesas redondas, relatorios e visitas guiadas conforman a programación deste encontro ao que asisten arredor de 350 oceanógrafos chegados de todo o mundo.
Investigadores e estudantes terán “a oportunidade de poñer en conxunto todo o coñecemento adquirido co fin de avanzar na materia”, sinalaba Aida Fernández, directora do Instituto de Investigación Mariñas de Vigo; na mesma liña Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Galicia, dende a súa posición de divulgador, cualificaba o evento como “apropiado para sacarlle proveito ao bo traballo do estudante e do investigador”. “Tentaremos converter o encontro nun foro de debate entre científicos e estudantes”, incidía Souza.
“Un congreso pluridisciplinar onde se reúne gran parte da elite nacional e internacional da oceanografía para tratar as diferentes temáticas das ciencias mariñas”, remarcaba a vicerreitora de Investigación Elsa Vázquez, “onde todos aprendemos de todos”, polo que ha ser fundamental que “todos participemos de maneira activa”, sinalaba ao mesmo tempo Valetín Trujillo, director do Centro Oceanográfico de Vigo; “é este o lugar perfecto para observar e compartir coñecementos entre as diferentes disciplinas”, engadía Trujillo. Cuestións da oceanografía química, física, biolóxica e xeolóxica serán o eixo dos relatorios e mesas redondas ao longo destas xornadas, “é transcendental abordar todos estes ámbitos das ciencias mariñas para acadar a interdisciplinariedade que buscamos e cara á que temos que camiñar en toda a investigación”, concluía a vicerreitora.
Vigo, cidade por excelencia da investigación mariña
En 2007 foi Valencia a primeira en organizar este simposio, unha idea orixinada despois dunha xuntanza en Cádiz dos decanos das cinco facultades de Ciencias do Mar (Alacante, As Palmas, Cádiz, Valencia e Vigo) na que localizaron “a necesidade de celebrar un encontro nacional, aínda que con participación mundial, para comezar unha nova actividade co obxectivo de crear unha sinerxía entre os investigadores do noso país”, explicaba Santiago Hernández, decano da Facultade de Ciencias do Mar de As Palmas. Unha iniciativa que se seguirá a levar a cabo cada dous anos.
Vigo foi a escollida para esta segunda edición do simposio, “unha cidade única en España e das poucas en Europa que une diversos centros de investigación mariña”, apuntaba Vázquez. Así, a cidade olívica conta cun Centro Costeiro do Instituto Nacional de Oceanografía; o Centro de Investigacións Mariñas do CSIC; as facultades de Ciencias do Mar e Bioloxía, “onde facemos investigación en ciencias mariñas”, remarcaba a vicerreitora; o Museo do Mar, “cunha importante actividade de divulgación”, sinalaba o seu director; o CETMAR, “un punto de unión entre os investigadores e as empresas”, indicaba Vázquez, e a Escola Naval Militar de Marín. Respecto a este último centro, vinculado á Universidade, José Gabriel Martínez Ratero, director da Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio, lembraba “a colaboración e o traballo compartido durante anos entre a Escola Naval e a Universidade”, entre o que destacou a participación por parte da Armada do buque de investigación oceanográfico Hespérides.
Finalmente, Elsa Vázquez expresaba o seu desexo de que “todo este potencial que temos en Vigo se poida ver materializado na Cidade do Mar, un futuro punto de reunión de todos os investigadores das ciencias mariñas de Galicia, España e Europa.
Conferencias, mesas redondas, comunicacións e visitas guiadas
Tralo acto oficial de apertura, o profesor Antony Underwood, da Sydney University, foi o encargado de inaugurar a xornada coa conferencia Recent advances in understanding grazing as a major process influencing biodiversity on rocky shores.
Dende hoxe e ata o xoves, no Centro Social Caixanova, presentaranse preto de 90 comunicacións orais e 280 en formato póster, así como diferentes relatorios da man de científicos de recoñecido prestixio mundial. Deste xeito, esta mesma tarde, Angelo Camerlenghi, da Universidade de Barcelona, e Ana Ramos, do Instituto Español de Oceanografía de Vigo, presentan Hidratos de metano: cambio climático, energía y riesgo submarino e El bentos de la Antártida del Oeste, ás 15.30 e 17.00 horas, respectivamente.
Mañá martes destacan as conferencias de Ana Vila, da Sydney University, De Vigo a Australia: los pasos de una oceanógrafa, ás 11.30 horas e de Santiago Hernández, decano da Facultade de Ciencias do Mar de As Palmas, Plankton and the lunar cycle: consequences for biogeochemistry and fisheries, ás 15.30 horas. Para rematar a xornada, a partir das sete da tarde, e ata ás nove da noite, está programada unha visita guiada ao Museo do Mar de Galicia.
Xosé Antón Álvarez e Des Barton, do CSIC Vigo serán os protagonistas do mércores. Ás 11.30 horas, Álvarez afondará na investigación mariña na cidade olívica e xa pola tarde, a partir das 15.30 horas, Des Bartón ofrecerá o relatorio El sector nororiental del pacífico subtropical ¡Como en casa!.
O último dos días, Gonzalo Giribet, chegado dende a Harvard University, será o encargado de ofrecer a conferencia de clausura, Phylogeny on the Half Shell, un estudo integrador sobre a filoxenia de bivalvos.
Como colofón ao congreso, e despedida ata o vindeiro 2011, o venres 1 de maio, realizarase unha excursión en cruceiro pola Ría de Vigo, con xantar a bordo e visita ás Illas Cíes, “un parque nacional onde teremos a oportunidade de observar ecosistemas moi diversos”, apuntaba José Antonio Fernández, director do Parque Nacional Illas Atlánticas.