24 junio 2009

63 heridos en Galicia
en la noche de San Xoán

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Central de Coordinación do 061 de Galicia atendeu na noite de San Xoán 41 intoxicacións etílicas e por drogas, 9 accidentes de tráfico e 11 queimaduras provocadas polas fogueiras. O período contabilizado é desde as 19.00 horas do luns 23 de xuño ata as 7.00 horas do martes 24 de xuño.

Os profesionais sanitarios do 061 de Galicia atenderon 41 intoxicacións etílicas ou por drogas, 9 accidentes de tráfico con 11 persoas implicadas e 11 queimaduras.

Accidentes de Tráfico > Intoxicacións > Queimaduras
A Coruña 3 23 6
Pontevedra 6 16 3
Lugo 0 2 2
Ourense 0 0 0
Total 9 41 11

A Coruña con 23 intoxicacións etílicas e por drogas é a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida de Pontevedra con 16 e Lugo con dúas. As idades rexistradas nestes casos alcanza o pico de atención entre os 15 e os 29 anos, que supoñen o 59 por cento das persoas atendidas por esta patoloxía. Para asistir ás 41 intoxicacións, o 061 de Galicia mobilizou en 29 ocasións as ambulancias asistenciais, e en sete ocasións mobilizáronse ambulancias concertadas. Das 41 persoas atendidas 16 non requiriron traslado, dúas foron trasladados ao centro de saúde e 21 ao hospital.


As queimaduras atendidas polo 061 en toda a comunidade galega foron 11, Urxencias Sanitarias asistiu na Coruña seis casos, tres en Pontevedra e dous en Lugo. As idades das persoas afectadas sitúanse entre 10 e 60 anos, con un pico a destacar entre os 10 e os 30 anos, co 73 por cento dos casos rexistrados. Do total dos pacientes, cinco deles foron trasladados a un centro hospitalario.

No caso dos accidentes de tráfico, foi a patoloxía con menos casos rexistrados das tres na noite de San Xoán, aínda que se asistiron o mesmo número de persoas que no caso das queimaduras. O 061 contabilizou 9 accidentes de tráfico con 11 persoas implicadas. As idades das persoas atendidas polo 061 abranguen dende os 10 anos ata os 69 anos, destacando un pico do 55 por cento entre os 15 e os 29 anos. Para asistir as 11 persoas implicadas o 061 mobilizou unha ambulancia medicalizada e nove ambulancias asistenciais. Do total de persoas atendidas 10 foron trasladas a un hospital e unha asistiuse no lugar sen requirir traslado a un centro sanitario.


O 061 de Galicia é un dos primeiros intervintes nestes casos e tendo en conta a compoñente de perigosidade da pasada noite considerou imprescindible aconsellar á poboación galega sobre a prevención e cómo actuar en caso de atoparse nunha situación de urxencia sanitaria. Destacouse a trascendencia de elixir o lugar da fogueira, o tratamento das queimaduras e a importancia de, no caso de sinistro de circulación, non mobilizar os feridos e chamar ó 061 xa que estes sinistros provocan, en ocasións, o falecemento ou a invalidez de moitas persoas.