01 junio 2009

67 accidentes en las carreteras gallegas en el fin de semana con 97 heridos

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 97 persoas debido a 67 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 29 de maio, ata as 23:59 horas do domingo, 1 de xuño. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 34 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 76 chamadas en relación con accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 67 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 97 persoas.

A proporción de homes atendida foi do 71 por cento e a de mulleres do 29 por cento. Nas idades dos feridos, obsérvase que un 37 por cento dos atendidos ten entre os 15 e os 29 anos.

Por provincias Pontevedra e A Coruña foron as que rexistraron máis accidentes con 26 sinistros, respectivamente, durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

26

Lugo

10

Ourense

5

Pontevedra

26

Galicia

67

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 90. Así, as UVI móbiles mobilizáronse en sete ocasións, o helicóptero medicalizado acudiu a catro sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 60 accidentes; as concertadas en oito casos e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria noutros 11 sinistros.

En 83 casos os feridos foron trasladados aos centros hospitalarios correspondentes e en oito ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada de Atención Primaria mentres que catro persoas lesionadas foron atendidas no propio lugar do incidente sen necesitar traslado, e dúas faleceron no lugar do incidente.