O departamento que dirixe Alfonso Rueda agradece a iniciativa adiantada onte polo rexedor, Miguel Anxo Fernández Lores, e espera que a concrete e poña xa á súa disposición os terreos aos que se referiu -se é que son municipais-, ou que inicie os trámites para facerse con eles no caso de tratarse dunha propiedade privada.
O conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza espera poder abordar este asunto nunha reunión co alcalde, do que se pon ao seu dispor, aínda que polo momento na consellería non consta ningunha solicitude de encontro por parte do rexedor.
Tamén en materia de novas sés xudiciais, Alfonso Rueda recordou hoxe en Vigo que a Cidade da Xustiza xa tería que estar en fase de execución e explicou que o bipartito non deixou ningunha partida nos orzamentos da Xunta para abordar a súa construcción, segundo indicou nunha entrevista en Onda Cero Vigo.
En todo caso, o conselleiro garantiu que en canto o concello poña os terreos á disposición da Xunta, o Goberno galego habilitará unha partida económica e comezará a facer a Cidade da Xustiza, porque “é unha prioridade”. Nese sentido, recordou que existe xa un proxecto feito e insistiu en que a obra poñerase en marcha en canto os terreos estean dispoñibles.
01 junio 2009
Aleluya : el concello de Pontevedra pone terrenos para un nuevo edificio judicial en la ciudad
Publicado por C&CdeGaliza en 1.6.09 Etiquetas: PONTEVEDRA
VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza saúda a decisión do Concello de Pontevedra de poñer á disposición da Xunta un terreo para a construción dun novo edificio xudicial na cidade e agarda que o ofrecemento se concrete en vindeiras datas.