01 junio 2009

Quieren promover
un polígono industrial en Moaña

MOAÑA (MORRAZO-tribuna) .-A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, María Encarnación Rivas, mantivo unha reunión cun grupo de empresarios da localidade pontevedresa de Moaña. No encontro, os empresarios, que estiveron acompañados polo diputado popular José Fervenza Vázquez, plantexaron á secretaria xeral a súa intención de promover un polígono industrial nos terreos deste municipio.
Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas preténdese facilitar a construción deste parque industrial, xa que esta infraestrutura favorecería o desenvolvemento económico do concello pontevedrés e facilitaría a creación de novos postos de traballo.

Un proxecto a analizar

Por este motivo, a Xunta de Galicia, a través do departamento que dirixe Agustín Hernández, analizará de maneira exhaustiva o proxecto empresarial que foi presentado hoxe. A secretaria Xeral explicou que para poder levar a efecto a actuación industrial proposta é necesario contar co informe favorable da Consellería de Medio Rural e o apoio do concello de Moaña.

O ordenamento xeral de Moaña fai necesario algunhas modificacións, xa que se aprobou sen contemplar a posibilidade de crear o parque empresarial na zona que propoñen os empresarios