01 junio 2009

Detenido otro incendiario

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Funcionarios do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma en Ourense informaron hoxe da detención de P.P.F., home de 27 anos e natural de Rairiz de Veiga (Ourense); como presunto autor dun incendio forestal, acontecido na parroquia ourensá de Pexeiros, no Concello dos Blancos.

O lume que se lles imputa tivo lugar o pasado xoves 21 de maio, debido á neglixente realización dunha queima de restroballos sen as medidas de seguridade preventivas necesarias. As lapas arrasaron unha superficie aproximada de 0,4 hectáreas de monte raso.

O detido, unha vez oído en declaración, foi posto en liberdade coa obriga de comparecer ante a Autoridade Xudicial cando fora requirido, instruíndose dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Xinzo de Limia. Con esta detención, a Policía Autonómica xa ten posto a disposición xudicial no que vai de ano a 38 persoas por delitos relacionados cos incendios forestais.