01 junio 2009

El BNG propone la anulación
del canon bibliotecario

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A cabeza de lista do BNG ao Parlamento Europeo Ana Miranda, anunciou hoxe o seu compromiso, recollido no programa eleitoral do BNG, de traballar para que se suprima o canon bibliotecario na Unión Europea.

Ana Miranda considera que a directiva europea 2006/115/CE que establece o canon bibliotecario “é unha norma inxusta, sobre a que non existe un acordo na Unión Europea e que xerou unha grande oposición social”. A candidata do BNG subliña que “nas bibliotecas públicas debe primar o dereito ao acceso á cultura sobre o mercantilismo”.

A directiva 2006/115/CE foi trasposta no Estado español a través da Lei 10/2007, do 22 de xuño , da Leitura, do Libro e das Bibliotecas, que establece un canon para os usuarios, fixado de maneira provisional en 0,20 €, por cada obra adquirida nas bibliotecas públicas de municipios de máis de 5.000 habitantes. “Isto está a supor moitos millóns de euros para o erario público que benefician ás entidades de dereitos de autor”, subliña Ana Miranda.

As bibliotecas públicas son quen mellor defenden os dereitos dos autores

A candidata do BNG xustifica a necesidade de suprimir o canon bibliotecario lembrando que “as bibliotecas públicas son quen mellor defenden os dereitos dos autores xa que fomentan a leitura”. Ademais, recorda que “o dereito de acceso á cultura que propician as bibliotecas a través do préstamo xustifica xuridicamente unha limitación do dereito de propiedade intelectual, en consonancia coa proclamación constitucional da súa función social”.

Ana Miranda salienta tamén que o préstamo de libros no Estado español segue sendo dos máis baixos da UE: 1,18 ao ano fronte á media europea de 5,0.


“Nun escenario de crise é inxustificable que se grave aínda máis os presupostos, xa de por si escasos, das bibliotecas públicas”

Por outra parte, a candidata do BNG ao Parlamento Europeo considera “inxustificábel que nun escenario de crise económica no que xa se reduciron os orzamentos para adquisicións dalgunhas bibliotecas públicas, é inadmisíbel gravalas co canon bibliotecario”.

Engade tamén que “é moi cuestionábel que traballadores públicos, como son os bibliotecarios, dediquen unha parte da súa xornada laboral a proporcionar uns datos que benefician, sobre todo, a unha entidade privada de xestión de dereitos de autor”.

Por último, a cabeza de lista do BNG lembra que a aplicación da directiva 2006/115/CE “xa foi motivo de polémica noutros países, como o demostra as sancións impostas por este motivo pola Comisión Europea: a Bélxica no 2003 e os procedementos de infracción iniciados en 2004 contra o Estado español, Irlanda, Italia, Portugal