VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Consellería do Mar apoia firmemente a Feira Internacional de Acuicultura de Galicia (ACUI), que se celebrará en Vilagarcía de Arousa e que converterá durante tres días a Galicia no centro de atención do panorama alimentario internacional. Está previsto que a Feira, que ten carácter bienal, se celebre os días 2, 3 e 4 de marzo de 2010.
O departamento de asuntos pesqueiros considera que esta feira é un referente mundial e que é un elemento fundamental para continuar impulsando o liderado de Galicia a nivel mundial e europeo neste sector. ACUI é un punto de encontro obrigado para produtores, importadores maioristas, e para toda a industria auxiliar a nivel internacional.
Para a Consellería a esta feira constitúe un escaparate de novas tendencias, innovacións, produtos e investigacións para este sector. A Consellería do Mar aposta pola aproximación das empresas acuícolas e os centros de investigación para que Galicia siga a ser o referente mundial e por unha acuicultura sostible e respectuosa co Medio Ambiente.
Profesional de todo o mundo daranse cita en Galicia para dar a coñecer as novidades en canto a cría e o engorde das especies. Na anterior edición de ACUI participaron 67 expositores, dos que 44 eran españois e 23 estranxeiros, de 14 países diferentes.
Dentro do mundo da acuicultura, a industria do mexillón ten un papel importante. nesta feira, na que se poderán ver os deseños mais futuristas en canto a bateas, cordas, medios de cultivo e embarcacións.