03 junio 2009

La Xunta informa negativamente el ERE de PASCUAL

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A Xunta de Galicia informa negativamente o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de Pascual nun documento remitido hoxe ao Ministerio de Traballo no que alega que, segundo a información facilitada pola empresa, o expediente plantexado para a planta de Outeiro de Rei non “se xustifica” nin polas causas económicas, nin organizativas nin tecnolóxicas.
Tendo en conta os datos alegados pola compañía Pascual para proceder á extinción de 155 postos de traballo na factoría lucense “non existe xustificación obxetiva” no expediente presentado, que afecta ao 100% da planta de Lugo, un 10% á de Aranda do Duero e nada á de Cataluña.
Por tal motivo, ademais de pedir ao Ministerio de Traballo que solicite á empresa as contas auditadas dos últimos tres exercicios, unha documentación que ata o de agora non se presentou, infórmalle das axudas outorgadas polo Goberno galego a Pascual para a modernización da factoría lucense.
No seu informe, a Consellería de Traballo indica que, mentres a empresa alega causas económicas para o peche, os únicos datos que achega son os correspondentes ao ano 2007, exercicio no que se reflicten unhas ganancias superiores aos dous millóns de euros.
Respecto á argumentación de Pascual da caída de ventas en 2008, desde a Xunta alégase que parte de esa redución veu motivada polo rexeitamento do mercado á gama de iogures, concretamente dos PMI e dos derivados de calcio, argumento que a Administración autonómica consideran que non avala o ERE posto que estes produtos non se elaboran en Lugo, senón en Aranda.
No eido das causas tecnolóxicas, tamén rexeitadas polo Goberno galego, a empresa procedeu a unha aposta pola inversión tecnolóxica para desenvolver os envases PET, un investimento que non foi parar a Lugo, planta que polo momento só envasa cartón, recoñecendo sen embargo, a propia empresa que a planta de Lugo é punteira en canto á modernidade nas súas instalacións e mecanismos de producción.

Neste sentido, desde a Xunta de Galicia lémbrase que esta factoria recibiu da Unión Europea a través da Consellería de Medio Rural axudas por importe de case oito millóns de euros desde 2002 ata a actualidade, cifra á que hai que engadir os 735.000 euros recibidos polo Igape en modalidade de incentivos rexionais.
Así mesmo, Traballo considera lóxico manter unha planta no norte de España, onde “é fácil ter acceso á materia prima e onde reside parte do seu mercado” e remata indicando que á vista destes datos considera que a decisión de Pascual é “unha deslocalización que nada ten que ver con causas xustificativas para un ERE”.