02 junio 2009

Más lío con lo de Sogama

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-A decisión de cambiar os avogados de Sogama no xuízo por despido do xefe da área técnica da sociedade ten como obxectivo buscar a transparencia no proceso, xa que son os mesmos letrados que están a defender os intereses de Danigal, a empresa que xestiona o vertedoiro de Areosa.

Para a Xunta de Galicia é de todo punto inadmisible que o mesmo bufete que defende os intereses de Sogama defenda tamén os dun operador privado implicado no mesmo caso, é dicir, dos verquidos ao río Lengüelle.

Este sinxelo dato é perfectamente coñecido por Carmen Gallego, pero hoxe ocultouno intencionadamente para terxiversar a realidade e inventarse pantasmas onde non os hai.

En todo caso, a decisión de admitir ou non ao xefe da área técnica depende dun xulgado, a non ser que o PSOE poña en dúbida a independencia da xustiza.