02 junio 2009

rutas fin de semana

Fin de semana de grandes
atractivos en Pontesampaio
y Pontevedra

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Os xardíns do Castelo de Soutomaior acolleron hoxe os actos de presentación dos actos centrais da programación proxectada pola Deputación e polo Concello de Soutomaior con motivo do Bicentenario da Guerra da Independencia. No acto participou o vicepresidente, José Juan Durán, que tamén é o responsable da área de Cultura da Deputación; o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera; e o presidente da Asociación Heroes de Pontesampaio, Ramón Agulla.
Segundo informou José Juan Durán, os actos desenvolveranse entre a cidade de Pontevedra e o lugar no que se fraguou a batalla, sobre a ponte de Pontesampaio. O vicepresidente puntualizou que “a Deputación plantexou unha programación de contidos de carácter cultural fundamentalmente posto que douscentos anos despois o aspecto militar ten unha importancia dende o punto de vista histórico pero o que perviven son os aspectos culturais”.
Así, detallou o vicepresidente, os cidadáns poderán visitar unha exposición dos Desastres da Guerra, de Goya e unha exposición de Cartografía antiga da provincia, da cartoteca Domingo Fontán, “onde poderán consultar mapas antigos dos puntos onde se desenvolveu a batalla”. Ambas mostras terán un carácter itinerante.
Tamén, a institución provincial organizará tamén un concurso-redacción para nenos e dedicará. Pola súa banda, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo desenvolverá o curso específico “A guerra da independencia en Galicia: derrota e victoria (1808-1809) (Pontesampaio 200 anos despóis)” con motivo da celebración. Este terá lugar do 21 ó 23 de setembro en Pontevedra.
Os actos terán lugar os días 7 e 8 de xuño. O día 7 celebrarase en Pontevedra unha ofrenda floral ós pes da estatua dos Heroes de Pontesampaio e entregarase unha placa conmemorativa do 200 aniversario. O día 8, en Pontesampaio, terá lugar a recreación da batalla.
Segundo informou Durán, a Deputación de Pontevedra participará ofertando distintos actos ós concellos que tiveron implicación na contenda.
Levará a cabo exposicións no Museo de Pontevedra, en colaboración coa Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais. Así mesmo, unha exposición itinerante dos Desastres da Guerra, de Goya e unha exposición itinerante de Cartografía antiga da provincia.
Pola súa banda, o Servizo de Publicacións da Deputación editará tres libros de temática relacionada coa Guerra da Independencia e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo desenvolverá tamén un curso específico con motivo da celebración.
Ademais destas accións culturais, os actos conmemorativos comprenden tamén actividades lúdicas para o disfrute da cidadanía. Programación:

Sábado, 6 de xuño
PONTESAMPAIO
10:00 Inauguración do mercado de época.
11:00 Concentración e saída cara a Pontevedra.
PONTEVEDRA: AVDA. MONTERO RÍOS
11:45 Chegada de autoridades, de militares e da tropa.
12:00 Xardíns do Pazo Provincial. Colocación da placa conmemorativa e ofrenda floral. Discursos. Salvas e honras.
12:30 Paseo de Montero Ríos. Desfile de tropas.
13:00 Pazo Provincial. Aperitivo autoridades e invitados.
14:00 Concentración da tropa e saída cara á Pontesampaio.
ARCADE
17:30 Visita de recreadores á vila de Arcade.
PONTESAMPAIO
18:30 Recinto de Festas. Grupo de gaitas e baile do C.C. Beira do Río de Pontesampaio.
19:30 Misa en homenaxe ós Caídos na Batalla.
21:00 Despregamento das tropas e entrada das unidades francesas.
21:30 Recreación da batalla na ponte.
23:00 Verbena popular amenizada por grupo folk e orquestra.
Domingo, 7 de xuño
ARCADE
11:30 Praza Talo Río. Recepción de autoridades civís e militares. Colocación de placa.
11:45 Paseo ata Pontesampaio (zona ponte).
PONTESAMPAIO
12:00 Misa de Campaña.
12:30 Colocación da placa conmemorativa. Ofrenda floral, salvas e honras.
12:45 Despregamento de tropas.
13:00 Recreación da batalla na ponte e expulsión dos franceses. “Vivas”.
PONTESAMPAIO
18:00 Entrega de medallas e honras.
18:30 Arriado de bandeiras.
19:00 Acto solemne. Discursos e interpretación dos himnos.