01 agosto 2009

A exposición pioneiras está no Grove

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A secretaria xeral de Igualdade, Marta González Vázquez acudiu a inauguración da exposición Pioneiras, que tivo lugar este sábado día 1 de agosto na Praza do Corgo de O Grove (Pontevedra). A secretaria xeral estivo acompañada polo alcalde, D. José Antonio Cacabelos, por persoal da Corporación Municipal e por persoal do Centro de Información ás Mulleres (CIM) deste concello pontevedrés.
A exposición Pioneiras, promovida dende o Servizo Galego de Igualdade, pretende poñer en valor a figura de mulleres que desenvolveron iniciativas empresariais, transgredindo os rois de xénero da época. A exposición mostra a vida de mulleres como Amalia Méndez Fernández, Consuelo Liñeira García, Isabel Maestre López, María Martínez Otero, Aurora Liste Forján, Dolores Centeno Soto, Joaquina García García, María Dolores Miramontes Mato, Carmen Pérez Gómez, Dominga López de Somoza, Manuela Carballo Mouzo, Olimpia Valencia López , Carmen Pérez García, Eugenia Pereira Rodríguez, María de las Mercedes Gil y Acebedo, Paz Parada Pumar , Celia Rivas Casais, Francisca Morlán Ramos , María López de Guadalupe e Xesusa Prado López.
Estas vinte mulleres non só conseguiron levar a cabo proxectos empresarias exitosos, senón que tamén auspiciaron un novo contexto empresarial no que as mulleres teñen unha presenza cada vez máis significativa.
A secretaria xeral da Igualdade comentou durante a súa intervención que “continua sendo necesario propiciar medidas de apoio ás iniciativas empresarial femininas en Galicia, non só polo valor intrínseco que supón o desenvolvemento do tecido empresarial da nosa comunidade autónoma, senón tamén polo aproveitamento do potencial das mulleres galegas”. Anunciouse que dende o Servizo Galego de Igualdade se está a traballar en un programa de apoio para favorecer a creación e consolidación de empresas galegas dirixidas por mulleres.