Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, xunto co catedrático de Historia Contemporánea da Universidade Complutense de Madrid, Juan Francisco Fuentes Aragonés e o profesor titular de Historia Económica en la Universidade de Vigo, Rafael Vallejo Pousada, inauguraron hoxe no Museo de Pontevedra a exposición itinerante Cidades en Guerra, 1808-1814 - Pontevedra en la Guerra de la Independencia.
A Consellería de Cultura e Turismo colabora nesta iniciativa da Deputación Provincial de Pontevedra xunto coa Sociedad Estatal de Conmemoracións Culturais (dependente do Ministerio de Cultura). O motivo da organizaron da exposición é a rememora do bicentenario da intervención desta cidade na contenda que tivo lugar no Ponte de Sampaio. A mostra supón un recoñecemento institucional á cidade e susténtase na creación e na expresión da identidade, entendida nun sentido amplo, libre e duradeiro.
A exhibición está integrada por fondos procedentes de institucións públicas e de coleccións particulares distribuídos ao longo de 10 salas e conta cunha gran recompilación de información sobre todas as fases da guerra da Independencia española, botando un aceno especial cara aos acontecementos vividos en Galicia. A exposición esta formada por textos, imaxes e obxectos referidos aos iniciáticos procesos do Tratado de Fontainebleau, o motín de Aranjuez ou as abdicacións de Baiona; ata o final da guerra, protagonizado pola decisiva batalla de Vitoria, para o desenlace definitivo e a chegada de Fernando VII a Madrid. A sublevación popular do 2 de Maio, ou a batalla de Bailén teñen un peso relevante nesta exhibición histórica. Asemade, existe unha sala adicada exclusivamente ao Reino de Galicia, na que se mostran os escenarios da guerra e da sublevación galega, a persecución de Moore, Elviña ou a capitulación das cidades e as violencias francesas, ata a victoria final dos galegos. Na sala tamén se poden observar dous xornais da época publicados en Galicia.
O prato forte da exposición terá lugar 6 e o 7 de xuño, cando se outorgará especial relevancia á Batalla de Sampaio. A contenda será rememorada cunha recreación figurada por mais de 400 actores sobre a ponte medieval que dan vida a esta guerrilla que supuxo o inicio da retirada das tropas francesas de Galicia. Os organizadores cualificaron a escenificación como “espectacular”, a que será executada con traxes de época, canóns e un mercado ambientado.
En palabras do director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, a mostra recorda o “sangue derramado, metralla, esgazaduras dolorosas e destrucións materiais aterradoras” pero recoñecido ao “abandonarmos un intre a calma colectiva de hoxe e entrar nesa enerxía devastadora, coa seguridade de que temos un lugar onde volver”. Nesta liña, Francisco López, tamén incidiu na importancia “sobre a sensibilidade, sobre a estética e sobre a expresión” que esta exposición reflicte.