25 septiembre 2009

CCOO de Vigo exixen a costrución das infraestruturas xudiais que a cidade necesita con urxencia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO preséntalle ao Alcalde vigués a preocupación polos atrancos que se están a producir coa Cidade da Xustiza. No día de hoxe, o Secretario Xeral da Unión Comarcal de CCOO, Pepe Cameselle, o Secretario Xeral da Federación de Servizos á Cidadanía da comarca, Tino Novoa, e o Coordinador Xeral de Galicia de Xustiza, Pablo Valeiras, mantiveron unha xuntanza co Sr. Alcalde do Concello de Vigo, co fin de transmitirlle a súa preocupación respecto aos sucesivos retrasos que está a sufrir a construción das infraestruturas xudiciais na cidade: a Cidade da Xustiza, a problemática das Salas da Audiencia Provincial e a creación do novo xulgado de Familia e do Mercantil.

CIDADE DA XUSTIZA;
Desde CCOO transmitíronlle a necesidade imperiosa de levar adiante o proxecto da Cidade da Xustiza ante a ausencia absoluta de espazo, situación que leva a ubicar o futuro xulgado do Mercantil nunha antiga vivenda.
Esta situación agrávase máis se cabe coa posible creación do xulgado de Familia nº 3 e a falta de espazo dos traballadores do Servizo Común de Notificacións e Embargos.
Este novo proxecto ten que ter visión de futuro nuha administración fundamental para os cidadáns .
O Sr. Alcalde mostrou a súa disposición para sacar adiante a Cidade da Xustiza coas aportacións que sexan necesarias e que lle correspondan ao Concello de Vigo, compartindo a preocupación que desde CCOO lle transmitimos.

XULGADO DE FAMILIA.-
CCOO informouno da importancia da creación dun xulgado de Familia en Vigo, xa que as estatísticas do TSX de Galicia son suficientemente elocuentes.

SECCIÓNS DA AUDIENCIA PROVINCIAL.-
A Memoria do TSX de Galicia, publicada a semana pasada, recolle os datos alarmantes da carga de traballo da Sección 6 con sede en Vigo e os tempos de resposta ao cidadán. Así, mentres que na cidade de Pontevedra un cidadán ten resposta ás súas pretensións entre 21 e 90 días, en Vigo tarda 11 meses. Nesta Memoria, o TSX de Galicia “considera absolutamente imprescindible a creación dunha quinta praza de maxistrado para a sección” . Todo iso a pesar do esforzo despregado polos traballadores de xustiza, tal como recolle a referida Memoria. Desde CCOO transmitíronlle a necesidade da ampliación da plantilla.