29 septiembre 2009

Una carta, 5 días dentro de Vigo... Correos vuelve a andar fatal y el BNG protesta en el Parlamento

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza solicita na Cámara alta a comparecencia do Presidente de Correos para que explique as deficiencias detectadas nos últimos tempos no servizo postal en Galiza.
Pérez Bouza afirma que de non producirse esta comparecencia, o BNG, a través da súa voceira en Bruxelas, Ana Miranda presentará unha queixa perante a UE para que o Estado español reaccione por incumprimento da Lei Postal.
O senador nacionalista e voceiro na Comisión de Fomento, ademais vén de presentar unha moción relativa ás deficiencias e carencias de persoal de Correos en Galiza que dende hai algúns anos afecta á calidade deste servizo.

O senador quer destacar que “xa as principias centrais sindicais do sector de Correos denunciaron a perda de postos de traballo e as malas perspectivas para o futuro”. Afirman-dixo- que Correos vai destruír preto de 1 .500 empregos en Galiza ao longo do ano 2009, “un mal augurio”- ao seu xuízo- a pesar de que a empresa obtivo beneficios económicos nas últimas anualidades. En concreto, 104 millóns de beneficio no ano 2007 e 107 millóns en 2008.
Para o senador do BNG, coa nova política laboral de Correos,” non se substituirá ao traballador, ate que este deixe o seu posto durante máis de tres días, o que suporá a perda de moitos postos de traballo, sen esquecer que afectará a estabilidade laboral e calidade do servizo.”.

Pérez Bouza referiuse tamén a manifestación dos traballadores no mes de xuño que congregou a máis de dous mil en Santiago de Compostela, co fin de denunciar as deficiencias de persoal e a constante perda de emprego no servizo postal galego. Nestes últimos días se están producindo varias mobilizacións dos traballadores de correos nas provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra.
Por outra banda, o senador nacionalista considera que a redución das contratacións que realiza Correos para cubrir as ausencias por vacacións, baixas, permisos u outros motivos da campaña de verano provocan unha importante diminución do persoal que implicará que a carga de traballo sexa asumida polos empregados de Correos, circunstancia que dobrará o traballo e loxicamente repercutirá na calidade do servizo.
Para este ano, Correos decidiu a contratación de 1.344 traballadores para cubrir as ausencias dende l 1 de xuño ate o 31 de octubro, cifra que está moi por debaixo das contratacións realizadas o ano pasado.
A moción presentada polo senador do BNG recolle que a Cámara alta inste ao Ministerio de Fomento para que se cumpra rigorosamente en Galiza a lei Postal que establece o reparto de correspondencia nos días laborábeis, ou alomenos, cinco días á semana.
A iniciativa do BNG contempla asemade que se realice unha análise da situación de Correos en Galiza, co obxecto de determinar se os medios humanos e técnicos se adecúan ás necesidades da poboación e cumpren os requisitos da Lei Postal.

Pérez Bouza reclama neste texto, que se abandone a política de destrución de empregos no servizo postal galego e se proceda ao aumento do persoal e situalo nos niveles necesarios para ofrecer un servizo óptimo e de calidade, o que conleva, un primeiro momento, contratar ao persoal necesario para cubrir as ausencias por vacacións , baixas laborais, permisos e outros motivos que provocan a carga de traballo nos demais traballadores.
Finalmente, o senador do BNG considera que é necesario elaborar un Plan estratéxico para a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos S.A, ante a futura liberalización do servizo postal na UE, fixada para o vindeiro 1de Xaneiro de 2011.