29 septiembre 2009

Louzán urge en el avance de la administración electrónica en Galicia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, amosou hoxe a súa satisfacción pola sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, as catro deputacións galegas, e a Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da administración electrónica de forma coordinada.

Rafael Louzán salientou que a coordinación dos recursos existentes é primordial para “mellorar os servizos dos cidadáns” e solicitou que estas medidas “se adopten canto antes”. A Deputación de Pontevedra, afirmou “xa está a investir da orde de 15 millóns de euros na incorporación das novas tecnoloxías que facilitan tanto o traballo interno da administración, como o acceso dos cidadáns ós servizos da mesma”.

Concretamente, a Deputación está implantando actualmente un servizo interno de Telecomunicacións que posibilita a conexión da institución cos seus 41 centros, albergados en 50 edificios “temos, a día de hoxe, a primeira rede 100% IP da Administración Pública galega”, explicou.

Tamén, dixo Louzán “estamos a achegar a Banda Ancha a tódolos cidadán. Ata o momento catro concellos da provincia (Agolada, Arbo, Meis e Pazos de Borbén) acollen unha experiencia piloto de conexión Wi-Max e prevemos implantar esta rede nos 55 concellos da provincia que se adheriron”.

Outros dos proxectos da institución neste campo consiste nun Plan de Dixitalización Documental e Audiovisual que recollerá e informatizará o 100% do arquivo da Deputación de Pontevedra, e unha parte importante dos arquivos municipais dos concellos. Tamén a Deputación de Pontevedra está a implantar unha Plataforma de Administración Electrónica para que o cidadán poida realizar todos os trámites administrativos vía telemática.

Finalmente, explicou Rafael Louzán en relación directa cos concellos, “estamos a construir un novo CPD no antigo edificio da Delegación de Educación que permitirá á Deputación de Pontevedra unificar os CPDs que tén distribuidos, e proporcionar servizos ós concellos de xeito tal que éstes se desocupen de facer inversións en Hardware e de soportar cuantiosos gastos de mantemento”