30 septiembre 2009

12 entes de O Morrazo se beneficiarán de ayudas culturales de Deputación

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o reparto das axudas culturais para a mellora de infraestruturas, para a compra de instrumentos e vestiario, e para actividades de participación cidadá que en toda a provincia contan cun importe económico de 600.000 euros. Beneficiaranse destas subvencións 266 asociacións da provincia.

Máis concretamente, as axudas para a compra de instrumentos e vestiario contan cun importe de 115.000 euros e irán destinadas a 134 asociacións; as de participación cidadá con 100.000 euros para 61 asociacións, e finalmente; a liña de axudas para a mellora de infraestruturas contan cunha dotación económica de 385.000 euros para 71 asociacións.

Na comarca do Morrazo beneficiaranse destas liñas de axudas 12 entidades que recibirán unha contía de 14.089 euros. Concretamente, en Bueu recibirán subvencións para a adquisición vestiario a Agrupación Cultural Folclórica Retrouso de Cela; e a coral polifónica Marusía. E para a adquisición de vestiario a Banda de Música Artística de Bueu.

En Cangas recibirán axudas para a compra de instrumentos as asociacións Cacarexo e Belas Artes e para vestiario as asociacións Lembranzas da Ría de Cangas e Danza do Hío. Na liña de axudas de Participación Cidadá recibirá a colaboración da Deputación a Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo para a 4º feira de Oportunidades.

En Marín, recibirán subvencións para a compra de dúas gaitas a Asociación Cultural Airiños de San Xulián. Na liña de axudas de Participación cidadá, a Asoc Hispano Alemana de Marín para o seu 29 curso de verán.

Finalmente, en Moaña, recibirán axudas para compra de vestiario o coro Sta Eulalia de Meira e Coro Ondas da Ría. No marco das axudas para a mellora de infraestrutura, a Asoc Sudeste, para a recuperación e rehabilitación do galeón Eliseo 3º fase.