30 septiembre 2009

Continúa la polémica sobre las ayudas para la compra de libros de texto en Galicia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- En resposta a unha pregunta

da portavoz do BNG na Comisión de Educación do Parlamento Galego, Carme

Adán, o Director Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellaría de

Educación recoñeceu que a gratuidade dos libros de texto igual chegará nos

seus niveis máximos ao 25% da poboación galego, segundo os dados de renda

familiar tirados do Instituto Galego de Estatística.

Carme Adán, que se dirixía esta mañá ao responsábel da Consellaría de

Educación na comisión homónima do Parlamento Galego, denunciou que a

supresión do sistema de préstamo gratuíto posto en marcha polo Goberno

Bipartito pola chamada “gratuidade solidaria”, “supón eliminar un sistema que

garantía a gratuidade nos libros de texto ao 100% do alumnado galego, a

pasar a un sistema máis caro para as arcas públicas que vai deixar fóra a

moitas familias”.

A axuda máxima de 180 euros tampouco cubre todos os custos

“Vostede sabe -recriminou- que as familias con soldos medios-baixos, que as

familias mileuristas, van quedar fóra e van ter que pagar os libros de texto, por

esta medida antisocial do seu Goberno que perxudicará a miles de familias

neste momento de crise”.

Ademais, Carme Adán advertiu de que “a axuda máxima de 180 euros

tampouco cubre o custo total dos libros de texto, e a correspondente ao

seguinte tramo de renda, a de 104 euros cobre menos da metade do gasto”.

Axudas sen límite para mercar coches ou pisos pero non para libros de

texto

Por último, a deputada do BNG criticou que “o Goberno de Feijóo non poña

ningún límite de renda para a concesión de axudas para a compra de

automóbiles ou para a supresión do imposto de transmisións patrimoniais, pero

si para a compra de libros de texto”.