30 septiembre 2009

La Xunta sigue "magreando" el asunto de los aeropuertos y el "bajo coste" con muy buenas palabras pero nada de realidades salvo para... Santiago

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A Xunta investirá catro veces máis na promoción de voos low-cost durante o 2010. Así o fixeron público esta mañá en rolda de prensa a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo; a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e mais o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, tras comunicalo por escrito aos tres alcaldes na semana pasada. O Goberno entende que a promoción dos low cost é un tema de importancia en Galicia, mais aló do turismo, senón con implicacións na calidade de vida dos galegos, na apertura da economía galega, na internacionalización das empresas e na vertebración do territorio.

A liña de traballo da Xunta de Galicia nesta materia é avanzar cara un sistema integrado de xestión aeroportuaria conxunta e nesa liña teñen que ir de xeito inmediato os compromisos de patrocinio publicitario que se asinen de cara ao 2010 coas compañías de baixo custe. Nos próximos días, recompiladas as propostas das compañías de low-cost, serán remitidas aos concellos. O obxectivo é crear complementariedades e non solapamentos, evitando as duplicidades e triplicidades. Primaranse indicadores tales como o interese turístico, os destinos de interese para a apertura da economía galega ao exterior e a internacionalización das nosas empresas, os destinos de interese para os galegos por diversos motivos (negocio, ocio,…).

A Xunta de Galicia considera imprescindible que o patrocinio publicitario non vaia só, senón que se acompañará dunha forte promoción turística feita nos destinos emisores a través de Turgalicia, única fórmula para conseguir unha ocupación elevada dos voos.

Aclaracións sobre os datos de movemento aeroportuario en Galicia
A secretaria xeral para o Turismo explicou tamén que o obxectivo do documento interno de traballo da Secretaría Xeral para o Turismo referente ao movemento dos aeroportos galegos tiña como principal obxectivo recompilar unha serie de datos relativos ao movemento aeroportuario en Galicia, tanto en termos cualitativos como cuantitativos. O destino final do traballo é aportar información rigorosa e relevante para a toma de decisións.

O documento manexa e refire toda a información ás principais fontes de información estatística existentes tanto a nivel nacional como autonómico, como AENA, FRONTUR, FAMILITUR, a Enquisa de Destino (Turgalicia), e outras. Ten en conta, por tanto, todos os datos facilitados polas mesmas en aras de obter unha visión o máis completa posible dos movementos aeroportuarios en Galicia, das súas características e composición.

Unha valoración moi resumida dos datos obtidos destas fontes permite extraer as seguintes conclusións:

-Segundo FRONTUR –Estatística do Instituto de Estudios Turísticos da Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio- no período 2005-08 obsérvase un descenso de turistas estranxeiros con destino principal Galicia, pasando dunha cifra global de 1.186.869 no ano 2005 a 933.187 en 2008. Estes datos son globais no sentido de que inclúen a todos os segmentos de mercado posibles (por mercados de orixe, perfil sociodemográfico, tipo de aloxamento ou medio de transporte utilizado,...).

Con isto non se deduciu en ningún momento que a baixada teña relación causa efecto algunha coas liñas de baixo custe, e de feito a administración turística galega vai a apostar mais ainda nas CBC, pero defende que, para que estas aumenten en maior medida o número de turistas estranxeiros ten que se aumentar a promoción turística en orixe nos destinos desde aos que se implementen as rutas; de aí que o compromiso sexa o de acompañar os patrocinios publicitarios que se cuatriplican, con unha forte promoción turística en destinos emisores, o que non tivo lugar nos últimos anos, con un obxectivo moi claro, que os voos consigan ter, a medio prazo, unha ocupación que os faga viables económicamente para as compañías que os operan, e que, tan breve cuanto posible, non necesiten do apoio da Administración, que liberará eses recursos, para con eles, apostar en novas rutas, ampliando así o abano da oferta aeroportuaria galega, o que redundará sen dúbida en mellora de comunicacións para os galegos, mais ampla oferta para os turistas e mellor competitividade para as nosas empresas.

-Outras fontes de información como o INE -Enquisa de Ocupación Hoteleira- ou a enquisa de verán de Turgalicia son parciais-que obtén datos de perfil do turista no período estival- poñen de manifesto que nestes últimos anos si houbo unha pequena subida, en termos relativos, do turismo estranxeiro en Galicia nos segmentos que analizan, pero non analizan a totalidade dos turistas estranxeiros (o que si fai Frontur) -a primeira fai referencia aos viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros e a segunda analiza o perfil do turista que visita Galicia no período estival-. Esta circunstancia fai que a única estatística completa sobre turistas estranxeiros sexa a elaborada por Frontur do Instituto de Estudios Turísticos da Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

-O documento de traballo en ningún momento conclúe que no período 2005-08 descendera de forma continuada o volume de pasaxeiros nos aeroportos galegos, pero si, segundo Frontur, o número de turistas estranxeiros a Galicia. Hai que diferenciar turistas de pasaxeiros ou usuarios.

Mais ben, e segundo datos de AENA, o número de usuarios (diferente de turistas, posto que esta é apenas unha das motivacións das viaxes en avión) dos tres aeroportos de Galicia creceu de forma importante nestes últimos anos (salvo en 2008, cando se produce unha lixeira baixada consecuencia dos primeiros efectos da crise económica).
-Se se analizan pasaxeiros, en datos de AENA, obsérvase que a maior parte do incremento do número de pasaxeiros correspóndese con tráfico nacional mais tamén se observa un crecemento do tráfico internacional; pero insístese en que se trata de usuarios totais.

En canto aos datos de FAMILITUR, segundo esta enquisa, a porcentaxe de viaxeiros nacionais que veñen a Galicia en coche acada o 81% neste último ano 2008. Aqueles que, en cambio, veñen a Galicia en avión supoñen aproximadamente o 5% do total.