30 septiembre 2009

¿Qué pasa con el pretendido centro lúdico de A Parda (Pontevedra)?

Pontevedra (MORRAZO-TRIBUNA).-O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asegurou hoxe que a reactivación das obras do centro lúdico de A Parda, en Pontevedra, está pendente de que a Xunta reciba a comunicación oficial, procedente dun xulgado de Madrid, de que foi presentado o concurso de acreedores por parte da constructora Teconsa, adxudicataria dos traballos, do nomeamento do conseguinte administrador xudicial e dun informe xurídico que dictamine si é posible rescindir o contrato coa citada empresa.
Louzán interesouse por este asunto na da Xunta de Galicia e informou que o goberno galego ainda non recibiu a comunicación oficial do devandito concurso de acreedores que Teconsa presentou nun xulgado madrileño.
Unha vez que a reciba, según dixo, haberá que estudiar si é posible ou non, dende o punto de vista legal, rescindir o contrato coa citada empresa _que, ó parecer, está interesada tamén na rescisión_ e asinar un novo convenio.
Según Louzán, a Xunta encargou un informe xurídico para coñecer a situación e posibilidades legales da medida á espera de coñecer tamén o Administrador Xudicial da empresa que derive do citado concurso de acreedores.