25 septiembre 2009

Viernes 10 horas : el espectacular incendio de Boiro sigue siendo noticia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Tras unha noite de intenso traballo dos servizos de emerxencias da comarca do Barbanza e distintos zonas de Galicia, uns 40 efectivos de emerxencias continúan traballando nas labores de extinción de varios focos e rescaldos do incendio que se declarou onte nunha nave industrial de Boiro. O lume, que xa está controlado, precisou da intervención duns 120 efectivos ao longo do día de onte.

Nestes momentos atópanse no lugar bombeiros dos parques de Boiro, Ribadumia, Arzúa e Cee; membros das agrupacións de Protección Civil de Boiro, Noia, Ribeira e Pobra, así como distintos Grumir da comarca. Tamén están en estado de alerta listos para ser mobilizados o resto de bombeiros da provincia da Coruña. Ademais, os servizos de emerxencias do 112 mobilizaron ata a zona do sinistro dez vehículos destinados á extinción de incendios e dous helicópteros da Consellería de Medio Rural retomaron esta mañá os traballos de extinción xunto a un terceiro que realiza labores de mando e coordinación.

O fume e as dificultades para atacar as lapas, fixeron que nove persoas resultaran feridas leves, entre elas dous bombeiros que tiveron que ser hospitalizados e xa foron dados de alta. Do resto, un bombeiro e un traballador da empresa afectada acudiron ao hospital sen ter que ser ingresados e as outras cinco persoas -catro membros de Protección Civil de Padrón, que estiveron traballando onte na extinción do lume, e un bombeiro- foron atendidas no lugar sen maior complicación.

Autovía do Barbanza
A Autovía da Barbanza xa ten todos os seus viais en funcionamento e pode circularse con normalidade por ela. De todos xeitos, técnicos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas desprazáronse ata a zona para comprobar o estado desta vía e realizar un informe para proceder a reparala en caso de que sexa necesario.

Ademais, desde o primeiro momento trasladouse á zona técnicos da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería, para que efectuaran un Control de Seguimento Atmosférico, co fin de regular os niveis de posible contaminación procedente da nube de fume do incendio. Ata o momento, todos os parámetros controlados en materia de calidade do aire ambiente están por debaixo do 20% dos valores de alerta establecidos no protocolo de actuación para casos de emerxencia.