29 septiembre 2009

El líder del BNG ataca a Feijóo por oponerse este a la nueva Ley del Aborto

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, quer saír ao paso das declaracións realizadas hoxe polo presidente da Xunta a respecto da nova lexislación sobre a interrupción do embarazo.

“Feijóo oponse á nova lei do aborto porque, na mellor tradición da dereita española, sempre está en posicións reaccionarias e contrarias aos avances das mulleres”, afirma o líder nacionalista, en declaracións á web do BNG, www.bng-galiza.org.


“Quero lembrar aquí que no seu momento a dereita estivo contra a Lei do Divorcio e tamén contra a actual lei do aborto. A dereita sempre practica unha hipócrita dobre moral, de tal xeito que cando goberna, como aconteceu con Aznar, non derroga esas leis”, engade o portavoz nacional.


Guillerme Vázquez lémbralle en todo caso a Núñez Feijóo que a súa obriga é a de garantir o dereito das mulleres a poderen practicar a interrupción do aborto na rede pública sanitaria de Galiza. “Así o prescribe a Lei de Saúde de Galiza e a propia lexislación estatal”, esclarece o dirixente nacionalista.


O portavoz nacional pide a Feijóo “menos dogmatismo e menos frivolidade” e “máis respecto ás mulleres no exercicio dos seus dereitos”.