25 septiembre 2009

Ponteareas: Galiza Nova esixe a dimisión do Alcalde Salvador G. Solla

PONTEAREAS (MORRAZO-TRIBUNA).-
Galiza Nova a organización xúvenil do BNG a través do seu responsabél de organización local Samuel Romero esixen a dimisión do alcalde do PP, Salvador G. Solla. Os nacionalistas din é inadmisibél que a estas alturas os alumnos non esten escolarizados pola incompetencia do alcalde e do concelleiro de educación, por non resolver os accesos e conexións de servizos básicos do novo IES, isto xa tiña que estar resolto dende hai meses, pero coma sempre o PP, deixa as asinaturas pendentes ata o último momento,por iso dende Galiza Nova exisimos a sua dimisión inmediata.
Samuel Romero di “ O PP xa nos ten acostumados a súa incapacidade para gobernar un concello coma Ponteareas con máis de 23.000 habitantes. O acontecido co novo IES é a gota que colma o vaso, non podemos permitir que xoguen co ensino público e coa calidade de vida das familias pola súa incompetencia”.
Galiza Nova que fai un chamamento a toda cidadania para que apoien aos pais nas distintas movilizacións que está realizando para presionar a Consellaría e ao Concello para resolver esta grave situación pola falla de escolarización dos alumnos matriculados no novo IES de Ponteares. Galiza Nova anima a participar na manifestación que para a tarde deste venres, ás 19.30 ten convocada a Plataforma de Nais e Pais afectados polo novo IES de Ponteareas.