29 septiembre 2009

Tribuna Libre

A FAVEC denuncia a falla de conciencia

medioambiental da administración local viguesa

Contenedores a rebosar co lixo desparramado, limpezas da maleza que deixan ao descuberto basura e escombros e verquidos de instalacións deportivas por falla de conexión ao saneamento, algunhas das deficiencias producto da desidia municipal no tramo final do río Lagares

A Federación Veciñal “Eduardo Chao” pide ao Concello de Vigo que amose un mínimo de conciencia medioambiental co espazo natural do Lagares. As labores de limpeza no tramo final do río acometidas na fin de semana por persoas voluntarias, deixaron de manifesto que a administración local ten totalmente olvidado este espazo; a desidia é tal que nin siquera se toma a molestia de vaciar os contenedores que se atopan a rebosar ata o punto que a basura queda esparexida, de tal xeito que bolsas, botellas, plásticos e outros materiais contaminantes se acumulan a carón do paseo e chegan ata o cauce do río mesmo

Tampouco os servizos encargados das labores de limpeza da vexetación e maleza na contorna do río se ocuparon de recoller a basura e escombros que se atopaban soterrados baixo da capa de vexetación e agora ao descuberto

O propio Concello está a incumprir a normativa municipal e provocar un dano continuado neste ecosistema ao non conectar as instalacións deportivas á altura de San Andrés de Comesaña á rede de saneamento. Neste punto as augas das duchas e dos vestiarios van parar a un rego que finaliza no mesmo río Lagares.

A FAVEC considera que non só se está a facer ben pouco desde a administración por recuperar o espazo natural do río Lagares e poñelo en valor para disfrute e lecer da cidadanía se non que nin siquera se están a cumprir os servizos mínimos de limpeza e obrigas en materia de saneamento.

Antón Sánchez, vogal de medioambiente da FAVEC