30 septiembre 2009

Más de 100.000 euros de Deputación para 26 entes culturales de Vigo

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Xunta de Goberno da Deputación aprobou hoxe o reparto das axudas culturais para a mellora de infraestruturas, para a compra de instrumentos e vestiario, e para actividades de participación cidadá que en toda a provincia contan cun importe económico de 600.000 euros. Beneficiaranse destas subvencións 266 asociacións da provincia.
Máis concretamente, as axudas para a compra de instrumentos e vestiario contan cun importe de 115.000 euros e irán destinadas a 134 asociacións; as de participación cidadá con 100.000 euros para 61 asociacións, e finalmente; a liña de axudas para a mellora de infraestruturas contan cunha dotación económica de 385.000 euros para 71 asociacións.
Na cidade de Vigo a Deputación investirá 108.227 euros en accións dirixidas a 26 entidades. Concretamente, 14 asociacións de Vigo recibirán 59.049 euros para a mellora de infraestruturas; 27 asociacións un importe de 33.149 euros para actividades de participación cidadá; e 26 asociacións recibirán 16.029 euros para compra de instrumentos e vestiarios.
Algunhas das entidades beneficiarias da liña de axudas para a adquisición de instrumentos e vestiario son a Asociación Cultural e Veciñañ Casco Vello; a Asociación de Veciños de Cabral; a Asociación Folclórica o Fiadoiro; a Asociación de Amas de Casa e Consumo Agarimo; a Unión Musical de Cabral, a Sociedade Atlántida de Matamá, entre outras.
Na liña de participación cidadá a entidade provincial colaborará, entre outras, coa Asociación de Industriais e Comerciais da zona das Travesas; coa Federación Eduardo Chao; a Federación de Hostalería; a Asociación de comerciantes e Autónomos; etc.
Na liña de axudas para a mellora de infraestruturas estableceranse colaboracións coa asociación de veciños de Beade; o Círculo Cultural e Mercantil e Industrial de Vigo; coa ACF Fiadoiro; con As Fontes de Lavadores e Monte da Mina de Castrelos, entre outros.