30 septiembre 2009

Paripé en Lisboa : enviado de la Xunta en vez de pactar con portugueses va a preguntar ¿qué hacemos? al embajador de España

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo, e o embaixador de España en Lisboa, Alberto Navarro, mantiveron onte unha reunión de traballo na que, entre outros asuntos, analizaron posibles vías de cooperación con Portugal de cara ao Xacobeo 2010.

No encontro, que tivo lugar la sé da Embaixada española na capital lusa, o director xeral de Relacións Exteriores, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, trasladou ao embaixador a importancia que Galicia outorga ao Ano Santo 2010 e manifestoulle o interese do Goberno galego en buscar a implicación de Portugal na celebración do evento.

Jesús Gamallo tamén incidiu na importancia que o Executivo galego outorga ás relacións entre a comunidade autónoma e Portugal, que non se cinguen só á rexión norte. No marco dese compromiso, a reunión de hoxe serviu de base para preparar a futura visita que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, realizará á Lisboa, que terá un marcado carácter económico e cultural.

Precisamente as cuestión culturais e económicas tamén centraron o encontro entre o embaixador e o alto cargo da Xunta, que analizaron a situación actual das relacións entre Galicia e Portugal -cunha balanza comercial favorable á nosa comunidade-, repasaron o proceso de implantación de empresas galegas e españolas no país veciño e as súas expectativas de futuro.

Así mesmo, tamén aproveitaron para analizar os resultados das eleccións portuguesas do pasado domingo 27 de setembro. Gamallo suliñou que, independentemente da cor política dos gobernos, as relacións entre Galicia e Portugal foron sempre fluídas. Nesa liña, avanzou o interese galego en intensificar aínda máis e potenciar as relacións de cooperación co país veciño.

Tras a reunión, o director xeral tamén participou na recepción que o embaixador de España en Lisboa ofreceu na súa residencia oficial do Palacio de Palhavá, con motivo da inauguración da iluminación do Palacio e dos seus xardíns, e á que tamén asistiron distintas autoridades portuguesas e españolas, axentes económicos, representantes da Casa de Galicia en Lisboa e dirixentes da Casa de España, entre moitos outros.