26 septiembre 2009

MOAÑA : Pastoriza logra acuerdos que permitirán mejoras en la plaza Lola Diz

MOAÑA (MORRAZO-TRIBUNA).- O tenente alcalde de Moaña acadou acordos cos responsables da Xunta de Compensacion do plan parcial de O Rosal para levar a cabo importantes melloras no parque infantil da praza Lola Diz.

Este parque infantil- de mais de 700 metros cadrados-, contaba ata de agora con piso de gravilla (coñecido popularmente como garbancillo). Este piso provocaba que o seu uso por parte dos veciños, non fora o que se podia esperar dunha instalación deste tipo. De igual xeito producianse estancamentos das augas da chuva e non resultaba atractivo para o acceso de cadeiras de nenos.

Dende esta semana, o parque atopase pechado por obras. Ata de agora retiraronse a almacen os elementos que estorbaban para levar a cabo -a vindeira semana-, a instalación de novo piso de formigon pulido en toda a extensión do parque.

Posteriormente reinstalaranse, con nova distribución, os elementos do parque xa existentes. Procederase a instalación de novo arbolado e unha fonte dentro do parque. Ali onde o necesite instalarase piso de goma. O parque xa conta con peche de protección perimetral propio, a pesar de estar ubicado no interior dunha gran zona verde.

"Non descartamos que no futuro , o Concello complete e mellore a dotación de elementos do parque incorporandolle algun que outro novo xogo no espazo disponible despois de esta gran actuación que asumira na sua maior parte a Xunta de Compensación do plan parcial do Rosal", referiu Víctor Pastoriza.

De igual maneira, tamen queremos informar que en breve procederase a instalación do novo parque biosaudable que a Xunta de Compensación do Rosal e o Concello instalaran nunha parcela axardiñada, ubicada no paseo do Poeta Manuel Maria, enfrente da piscina e do IES As Barxas.