26 septiembre 2009

La Xunta torpedea el enlace Vigo-Paris, fomentando un vuelo de bajo coste entre Santiago y la capital francesa

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Xunta de Galicia iniciou os trámites para recuperar a través da S.A de Xestión do Plan Xacobeo e mais de Turgalicia a conexión Santiago-París en voo de baixo custe a partir do 1 de decembro. Este anuncio foi realizado polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, na súa resposta a unha pregunta parlamentaria sobre a política da Secretaría Xeral para o Turismo en relación aos voos de compañías aéreas de baixo custe nos tres aeroportos galegos.

O conselleiro encadrou este anuncio no “importante esforzo” que está a facer a Consellería de Cultura e Turismo para apoiar ao sector aéreo galego a pesar de ter herdada “una situación de completa indispoñibilidade financieira”. Neste sentido, segundo Roberto Varela o fomento das liñas aéreas low-cost serve como mecanismo para deseñar “parcialmente” o mapa de rutas “desexable, sen perder de vista a perspectiva da optimización dos nosos tres aeroportos” e co obxectivo de aproveitar a “oportunidade que brinda a Galicia o vindeiro Ano Xacobeo como pulo ao noso desenvolvemento”.

En base ao estudo do sector aeroportuario galego, encargado pola Secretaría Xeral para o Turismo no mes de agosto, o conselleiro recordou que as aeroliñas de baixo custo contribúen a manter a cota de mercado dos aeroportos da Comunidade ao mover o 30 por cento do total de pasaxeiros. Esta análise obriga á “participación de todos os sectores implicados” e a corrixir as situacións de competencia entre as tres cidades galegas con aeroporto de “de forma que as rutas que se ofrezan sexan complementarias, evitándose os solapamentos e potenciando unha xestión integrada”.

Con esta orientación, a Consellería de Cultura e Turismo fará a distribución da súa inversión en base ao histórico do número de turistas respecto ao total de pasaxeiros en cada aeroporto. A medio e longo prazo, fomentarase á creación de complementariedades e sinerxías entre as tres cidades galegas fronte á competencia do presente para, segundo Roberto Varela, “fortalecer a Galicia como un destino único, reposicionándoo fronte a outros aeroportos competidores na captación de viaxeiros como o de Porto”. O obxectivo é acadar un “sistema aeroportuario integrado de cara a unha xestión compartida”.

Reunións co sector e as administracións
O conselleiro afirmou na súa intervención que o sector aeroportuario é un tema de vital importancia para o Goberno galego e nel están implicadas tres consellerías: Cultura e Turismo, Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas e Economía e Industria. A liña de traballo desde xullo foi o diálogo cos representantes do sector, os concellos e os entes promocionais. Neste sentido, segundo Roberto Varela a constitución do Comité de Rutas “gracias á insistencia e á preocupación deste Goberno nos últimos meses” repercutirá “a medio e longo prazo nunha mellor planificación da promoción, unha vez se definan por completo a súa estrutura e funcións”. “Apelo á realización dun esforzo conxunto entre as diferentes administracións e os sectores implicados de xeito que podamos construír un futuro mellor para Galicia e para todos aqueles que nos visitan ano tras ano”, concluíu