26 septiembre 2009

La Xunta no hará nada para echar atrás el puerto deportivo de Massó, en Cangas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- En resposta a unha pregunta do
deputado do BNG, Bieito Lobeira, o Secretario Xeral da Consellaría do Mar
anunciou hoxe que o Goberno do PP rexeita que a Xunta de Galiza interveña
para parar o porto deportivo de Cangas.
O representante da Consellaría do Mar comparecía esta mañá na Comisión de
Pesca do Parlamento Galego a petición do BNG para que informase da posición
da Xunta a respeito deste proxecto.
“Cunha Orde da Xunta o concello non tería ningún problema para parar
as obras”
Bieito Lobeira salientou que “cunha orde da Consellaría do Mar ou da
Consellaría de Obras Públicas que amparase un informe en contra da secretaría
do Concello de Cangas non habería ningún problema para parar as obras”, polo
que lle pedía ao representante da Xunta de Galiza que intervise para parar o
proxecto.
O informe técnico da Consellaría de Pesca rexeita o proxecto pola
grave afectación marisqueira
O deputado nacionalista reiterou a “oposición do BNG a este porto deportivo
porque suporá un impacto devastador sobre o marisqueo, tanto pola ocupación
que fará da lámina de auga cun dique de 600 metros de lonxitude, como pola
alteración que producirá nas correntes mariñas da ría de Vigo”.
Neste sentido, chamou a atención sobre que o informe técnico da propia
Consellaría de Pesca e Asuntos Marítimos sobre o proxecto, presentado o 1 de
xullo de 2004, e de carácter preceptivo e vinculante, informou negativamente
do proxecto debido á grave afectación marisqueira e medioambiental do
proxecto do proto deportivo do Salgueirón.
“Sen embargo -denuncia-, e de xeito totalmente inexplicábel, este informe
tardou sete meses en chegar á Autoridade Portuaria de Vigo que aprobou o
proxecto do porto deportivo amparándose nun segundo informe da Xunta de
Galiza, esta vez favorábel, e que a día de hoxe aínda non se fixo público”.
Por último, Bieito Lobeira, censurou “as continuas ilegalidades nas que está a
incorrer a empresa que constrúe o porto deportivo de Cangas, contando coa
colaboración das forzas e corpos de Seguridade do Estado, e co beneplácito da
Subdelegación do Goberno en Pontevedra”.