30 septiembre 2009

Rosa Quintana, na presentación da XI edición de Conxemar 2009 que se celebrará en Vigo a próxima semana

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A conselleira do Mar resaltou a importancia do papel da Feria Internacional de Productos del Mar Congelados Conxemar na potenciación da cadea mar- industria. Rosa Quintana considera que eventos coma estes “son bos para Vigo e para toda Galicia” xa que axudan a reforzar a actividade transformadora do conxelado que na actualidade xera máis de 8.000 empregos, conta con máis dun cento de empresas e factura máis de 2.500 millóns de euros anuais.

A conselleira do Mar recoñeceu a importancia e a traxectoria de Conxemar, un evento “que supón un escaparate ao mundo do que aquí facemos e permite acoller e achegar novidades positivas para a nosa industria conxeladora”. Neste senso, a conselleira incidiu en que “demostraremos o que somos capaces de facer os galegos”.

Na presentación da XI edición de Conxemar 2009, que se celebrará en Vigo os días 6, 7 e 8 de outubro, Rosa Quintana indicou que o seu departamento quere estimular a unión da extracción, do procesado e da comercialización para potenciar esta cadea mar-industria. A titular de Mar felicitou aos organizadores do evento “pola feira máis importante do conxelado en España e das máis consolidadas de Europa