29 septiembre 2009

El caso del IES de Ponteareas entra en el Parlamento de Galiza

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A deputada do BNG pola
provincia de Pontevedra e portavoz na Comisión de Educación do Parlamento
Galego, Carme Adán, ven de prensentar unha iniciativa na que lle demanda á
Xunta que, mentres duren as obras, escolarize en horario de mañá ao
alumnado do novo IES Ponteareas “nunhas instalacións que cumpran as
condicións necesarias”.
En concreto, a moción da deputada do BNG que se debaterá no Parlamento
Galego insta á Xunta de Galiza a “axilizar o acondicionamento dos accesos do
novo IES de Ponteareas” e a “escolarizar, mentres se realizan as obras, ao
alumnado en horario de mañá en instalacións da Consellaría de Educación ou
municipais que cumpran as condicións necesarias para este fin”.
A proposta de horario de tarde-noite causaría máis problemas
A deputada do BNG denuncia que “logo de dúas semanas de ter comezado o
curso escolar a situación do novo IES de Ponteareas é caótica” xa que o
concello “non cumpriu os seus compromisos para que o IES contara cos
accesos necesarios para comezar o curso escolar con normalidade e a
Consellaría de Educación tampouco estableceu unha solución que satisfaga á
comunidade educativa”.
Neste sentido, Carme Adán advirte de que a proposta de escolarización en
horario de tarde-noite “crea un problema de conciliación importante en moitas
familias e deixa ao alumnado sen a posibilidade de realizar actividades
extraescolares, como música, deporte ou idiomas”.
Falta de propostas do Concello e da Consellaría de Educación
Así pois, a deputada nacionalista critica “a falta de propostas tanto do Concello
como da Consellaría de Educación para resolver un problema que está a
provocar un importante trastorno a moitos pais e nais de Ponteareas, tal e
como se puxo de manifesto o pasado 25 de setembro nas rúas da vila”.